Cambiar a idioma galego Cambiar a idioma español Cambiar a idioma italiano

Cervo

Tablón de anuncios

Calendario

Cervo empresarial

Zona industrial

Fiestas patronais

Fiestas gastronómicas

Ocio en Cervo

Imagenes de Cervo

Teléfonos de interes

Medio ambiente

Climatología

Cómo llegar

Bienvenida del alcalde

Buzón del alcalde

Corporación y órganos de gobierno

Servicios municipales

Descargas

Enlaces de interés

Información turística

Fiestas de interes

Alojamientos

Comer en Cervo

Donde comprar

Visitas turísticas

Turismo cultural

Transporte

Instalaciones deportivas
Ver Tríptico
Año 2007 (256Kb)  
banner Facebook

Predicción Climatológica
Predicción del Tiempo
PROGRAMA DE
COMPOSTAXE DOMÉSTICA
 
DEZASEIS NENOS INICIAN O NOVO CURSO ESCOLAR NO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA (PAI)

 

foto_PAI

Un total de dezaseis nenos e nenas menores de tres anos inscritos no Punto de Atención á Primeira Infancia (PAI) serán os beneficiarios que iniciarán unha nova temporada deste servizo público e gratuíto posto en marcha polo Goberno municipal no ano 2002.

Segundo confirmaron as autoridades locais, polo momento o PAI manterá as súas instalacións orixinarias da urbanización Atalaia de San Ciprián (nas que se leva prestando este servizo dende hai 8 anos) mentres agardan a que a Tesourería Xeral da Seguridade Social lles conteste ás reiteradas peticións formuladas dende hai máis dun ano para ubicar nos baixos baleiros do edificio da Casa do Mar as novas instalacións deste servizo de coidado á infancia.


Novidades que mellorarán o servizo

Mentres isto non se produce os nenos e nenas que acudan ao PAI farano novamente nas instalacións xa existentes da urbanización Atalaia de San Ciprián.

Con respecto aos anos anteriores, este ano o PAI presenta como novidade máis significativa a prolongación do seu horario de funcionamento de 8 da mañá a 8 da tarde de xeito ininterrompido co fin de facilitar axudar a compatibilizar a vida familiar e laboral dos pais. Este aumento nos horarios traerá consigo unha serie de servizos que ata o de agora non se viñan ofrecendo, coma é a posibilidade de que os nenos e nenas poderán comer o xantar nas instalacións do PAI a comida que traian dos seus respectivos domicilios, xa que as coidadoras encargaranse de darlles o xantar. Para cubrir este servizo o Concello de Cervo ven de ampliar de tres a catro o número de profesionais en Educación Infantil e Pedagoxía que desempeñarán estas labores de coidado e formativas entre os nenos.

A apertura do Punto de Atención á Infancia (PAI) no ano 2002 constituíu unha aposta firme do Goberno municipal pola creación dun recurso destinado a nenos e nenas que necesitan atención e coidado durante un tempo diario e que non poden incorporarse a un centro de educación infantil. A través deste servizo -sen custe algún para os seus beneficiarios- o Concello de Cervo contribúe ao desenvolvemento integral dos nenos e nenas, e facilita a difícil tarefa de conciliar a vida laboral e familiar.

 


NA PRIMEIRA QUINCENA DE SETEMBRO COMEZARÁN AS OBRAS DE SANEAMENTO DA SENRA

1

  • As obras terán un prazo de execución de 6 meses.
  • Os traballos consisten na construción dunha rede separativa na localidade da Senra e dunha planta depuradora de augas residuais para o anterior núcleo e tamén para A Pena.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica na súa edición do 31 de agosto de 2010 a adxudicación definitiva das obras de mellora do saneamento da parroquia da Senra, no concello lucense de Cervo, por un importe de preto 400.000 euros. A adxudicataria das obras, que comezarán nesta primeira quincena de setembro e terán un prazo de execución de 6 meses, foi a empresa “Roymer Obra Civil S.L.”. A Consellería de Medio Ambiente, a través de Augas de Galicia, financiará o 30% por cento das obras, mentres que o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) aportará o 70%.


Villares destacou “a boa sintonía” entre Concello e os veciños da Senra e agradeceu a súa colaboración e traballo para conseguir materializar esta obra. “Dende o Concello levamos varios anos traballando neste tema e para iso temos mantido diversas reunións cos veciños ao obxecto de telos informados en cada momento de como estaban a transcorrer as xestións fronte a Xunta e tamén lles pedimos que aportaran as súas suxestións de cara a mellorar este proxecto. Por iso, teño que dicir que neste proxecto tanto veciños como Concello levamos varios anos traballando da man para conseguir que esta infraestrutura de primeira necesidade sexa pronto unha realidade, como así será” asegurou o alcalde.

 


Cervo coopera

DESPEDIDA AOS NENOS SAHARAUIS ACOLLIDOS POR FAMILIAS CERVENSES

Os tres nenos saharauís que pasaron os meses de verán en Cervo recibiron a despedida do alcalde, Alfonso Villares, e da concelleira de Servizos Sociais, Pilar Armada.

 


Contacto:


CERVO
EL MUNDO DEL MAR
EL MUNDO DE LA INDUSTRIA
EL LEGADO DE LA HISTORIA
EL RIO XUNCO
PATRIMONIO RELIGIOSO
Ecomuseo - Terras de azul cobalto
Comune di Cervo (Italia)
Comune di Cervo (Italia)
piccervo
Documentos
Perfil do Contratante