CERVO VIVIU UNHA GRAN XORNADA COA III CARREIRA DE ANDADURA ESTE SÁBADO
Desde o Concello de Cervo queremos expresar o noso agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
A pista ecuestre da Bidueira foi escenario dunha magnífica xornada coa celebración da III Carreira de Andadura, que reuniu a numerosos participantes e afeccionados ao mundo ecuestre.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición.
Desde o Concello de Cervo queremos expresar o noso agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
Agardamos que todos e todas desfrutárades dunha magnífica xornada de deporte, convivencia e paixón polo mundo do cabalo.