O CONCELLO DE CERVO ACOLLEU O SEGUNDO CAMPUS DE VERÁN DE ARTÍSTICA
Durante varias xornadas, as instalacións da Piscina Municipal de Lieiro acolleron os adestramentos e as actividades dos mozos e mozas participantes, que tiveron a oportunidade de mellorar a súa técnica, compartir experiencias e gozar dunha gran semana de deporte no noso municipio.
O Concello de Cervo foi o escenario do II Campus de Verán de Natación Artística da Federación Galega de Natación, converténdose de novo nun punto de encontro para a promoción do deporte base e da convivencia.
Durante varias xornadas, as instalacións da Piscina Municipal de Lieiro acolleron os adestramentos e as actividades dos mozos e mozas participantes, que tiveron a oportunidade de mellorar a súa técnica, compartir experiencias e gozar dunha gran semana de deporte no noso municipio.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, visitou o campus xunto ao presidente da Federación Galega de Natación Juan Carlos Brión, para saudar aos participantes e tamén para ver a exhibición final que puxo o broche de ouro á iniciativa.
Agardamos que todos e todas desfrutásedes da experiencia, que aproveitásedes ao máximo cada adestramento e cada actividade, e que levedes un magnífico recordo da vosa estancia en Cervo.
Grazas á Federación Galega de Natación pola confianza depositada unha vez máis no noso municipio, e a todas as persoas que fixeron posible este campus.