O CONCELLO DE CERVO DÁ A BENVIDA AO VERÁN XUNTO A SAÚDE MENTAL CUN CONCERTO DO CONSERVATORIO DE VIVEIRO

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.

A familia da Asociación Saúde Mental A Mariña deu a benvida á tempada estival cun fermoso concerto protagonizado polos nenos e nenas do Conservatorio de Viveiro, celebrado na Illa da Residencia Resort, na Praza do Souto.

Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade.

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.

Desde o Concello de Cervo queremos felicitar á Asociación Saúde Mental A Mariña e ao Conservatorio de Viveiro por esta iniciativa, que marcou un fermoso inicio da tempada estival e nos deixou momentos inesquecibles ao son da música.

 Unha tarde para compartir, sentir e celebrar a chegada do verán a través da cultura e da convivencia.