O CONCELLO DE CERVO DESPIDE CON ÉXITO O CAMPUS DE BASKET DROCER
A alcaldesa, Dolores García Caramés, participou na clausura, felicitando aos nenos e nenas participantes e agradecendo o traballo do corpo técnico encabezado por David. Como recordo desta experiencia, cada participante recibiu unha camiseta e unha bolsa conmemorativas do campus.
O Campus de Baloncesto DROCER despediuse este venres de Cervo tras unha semana de deporte, aprendizaxe e diversión no Pavillón da Veiga coa colaboración tamén do Club Deportivo San Ciprián.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, participou na clausura, felicitando aos nenos e nenas participantes e agradecendo o traballo do corpo técnico encabezado por David. Como recordo desta experiencia, cada participante recibiu unha camiseta e unha bolsa conmemorativas do campus.
Desde o Concello de Cervo seguimos apoiando iniciativas que promoven o deporte, os hábitos saudables e os valores entre a infancia e a mocidade.