O CONCELLO DE CERVO INSTALARÁ UNHA PANTALLA XIGANTE NA PRAZA DOS CAMPOS PARA SEGUIR ESTE DOMINGO A FINAL DO MUNDIAL
Para a ocasión, instalarase unha pantalla xigante na que se poderá seguir en directo o encontro, convertendo este espazo nun gran punto de encontro para todas aquelas persoas que queiran animar á nosa selección neste decisivo partido fronte a Arxentina.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a vivir con intensidade a gran final do Mundial de fútbol, que se disputará este domingo, nun ambiente festivo e de convivencia na Praza dos Campos.
Para a ocasión, instalarase unha pantalla xigante na que se poderá seguir en directo o encontro, convertendo este espazo nun gran punto de encontro para todas aquelas persoas que queiran animar á nosa selección neste decisivo partido fronte a Arxentina.
A programación comezará ás 18:00 horas con animación musical , á que se sumarán diferentes actividades para todos os públicos, entre elas un pintacaras e un photomatón
, creando así un ambiente festivo antes do inicio do partido.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, anima á veciñanza a participar nesta cita:
"Queremos que a Praza dos Campos sexa o gran punto de encontro para vivir unha xornada inesquecible. Agardamos que moitas familias, mozos e maiores se acheguen para gozar xuntos deste gran acontecemento deportivo, nun ambiente de festa, ilusión e convivencia."
"Desde Cervo queremos enviarlle toda a nosa forza e o noso apoio á selección española neste encontro decisivo contra Arxentina. Agardamos que entre todos poidamos empuxar desde a distancia e celebrar un novo éxito do noso fútbol."
Co obxectivo de garantir que a xornada se desenvolva con total normalidade e seguridade, establecerase un control dos accesos ao recinto.
Non se permitirá o acceso con bebidas alcohólicas procedentes do exterior, co fin de evitar o consumo non autorizado e favorecer o consumo nos establecementos de hostalaría da contorna. As bebidas adquiridas nos locais da zona ou nos puntos de venda autorizados poderán consumirse no recinto do evento.
Desde o Concello de Cervo anímase a toda a veciñanza a vestir as cores da selección , a achegarse á Praza dos Campos e a desfrutar dunha tarde chea de música , animación e emoción , confiando en que España poida proclamarse campioa do mundo