O PUNTO DE ENCONTRO FAMILIAR ABRIRÁ EN CERVO A VINDEIRA SEMANA

Desde o Concello de Cervo celebramos que este proxecto, sexa xa unha realidade. A cesión deste inmoble municipal permitiu habilitar un espazo moderno, seguro e adaptado que dará cobertura aos concellos da Mariña, evitando que as familias teñan que desprazarse ata Lugo.

Que gran nova para Cervo e para toda A Mariña!

O Punto de Encontro Familiar comezará a funcionar a vindeira semana no edificio do Ecomuseo, converténdose nun recurso esencial para apoiar ás familias e, sobre todo, para garantir o benestar e a protección dos menores nos procesos de especial vulnerabilidade.

Desde o Concello de Cervo celebramos que este proxecto, sexa xa unha realidade. A cesión deste inmoble municipal permitiu habilitar un espazo moderno, seguro e adaptado que dará cobertura aos concellos da Mariña, evitando que as familias teñan que desprazarse ata Lugo.

Queremos agradecer á Xunta de Galicia e, en particular, á Consellería de Política Social e Igualdade, o seu compromiso e aposta para facer posible a posta en marcha deste servizo tan necesario para a nosa comarca.

Seguimos apostando por achegar servizos públicos de calidade á veciñanza, neste caso da man da Xunta de Galicia e por facer de Cervo un municipio referente en recursos sociais que melloran a vida das persoas.

 Un paso máis na protección da infancia, no apoio ás familias e na igualdade de oportunidades para toda A Mariña.