Cambiar a idioma galego Cambiar a idioma español Cambiar a idioma italiano

Cervo

Tablón de anuncios

Calendario

Cervo empresarial

Zona industrial

Fiestas patronais

Fiestas gastronómicas

Ocio en Cervo

Imagenes de Cervo

Teléfonos de interes

Medio ambiente

Climatología

Cómo llegar

Bienvenida del alcalde

Buzón del alcalde

Corporación y órganos de gobierno

Servicios municipales

Descargas

Enlaces de interés

Información turística

Fiestas de interes

Alojamientos

Comer en Cervo

Donde comprar

Visitas turísticas

Turismo cultural

Transporte

Instalaciones deportivas

Predicción Climatológica
Predicción del Tiempo
Ver Tríptico
Año 2007 (256Kb)  
VINTEDOUS NENOS INICIAN O NOVO CURSO ESCOLAR NO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA DE SAN CIPRIÁN

  • O Goberno municipal aposta e garante a continuidade dun servizo básico para a atención dos máis novos e indispensable para colaborar cos veciños de Cervo que buscan conciliar a súa vida laboral e familiar

  • O Concello de Cervo asume o 70% do custe total deste servizo que no ano 2005 era sufragado ao 100% pola Xunta de Galicia.

foto_PAIO 1 de outubro o Concello de Cervo fixo pública a lista dos 22 novos alumnos inscritos no servizo municipal de atención á primeira infancia.  Os beneficiarios son nenos e nenas menores de 3 anos membros de familias residentes no termo municipal, que poderán acudir ás instalacións situadas na urbanización Atalaia de San Ciprián, de luns a venres, nun horario de 9 a 14 horas pola mañá, e de 15 a 20 horas polas tardes.

O Goberno municipal “garante e aposta, un ano máis, pola continuidade dun servizo básico para a atención dos máis novos e indispensable para colaborar cos veciños do municipio na difícil tarefa de conciliar a vida laboral e familiar”  De feito máis do 70% do custe total deste servizo será sufragado de xeito íntegro polas arcas municipais. As achegas da Xunta de Galicia representan o 16% e os pais e nais que fagan uso do mesmo asumirán o 14% restante.

En todo caso, as familias usuarias deste servizo non terán que pagar máis de dous euros ao día, xa que o custe medio mensual nun supera os 55 euros. Isto é así porque moitas das familias dos 22 nenos inscritos no PAI víronse beneficiadas polas bonificacións en razón da renda ou das circunstancias persoais (familias numerosas ou monoparentais)

Cabe subliñar que, no ano 2005, o 100% do custe total deste servizo era sufragado coas achegas da Xunta de Galicia.

O CONCELLO PON EN MARCHA O SERVIZO DE RECOLLIDA DE ACEITES DOMÉSTICOS USADOS

foto colectorO Concello de Cervo anunciou a próxima entrada en servizo do sistema de recollida de aceites domésticos usados. O concelleira de Medio Ambiente, Antonio Basanta, anunciou que o goberno municipal ven de firmar un acordo coa empresa Procesadora Gallega de Alimentos para levar adiante un programa de recollida e reciclaxe de aceites de cociña usados.

Esta recollida efectuarase mediante seis colectores urbanos que se instalarán en Cervo (nas inmediacións da praza do Concello), Río Cobo (Centro Social e Deportivo), e San Ciprián (inmediacións dos accesos ao porto, rúa Concepción Arenal - esquina Rosalía de Castro, Rúa Aduana, e Avenida da Mariña). A empresa encargada da provisión destes aceites alimenticios usados será a responsable do baleirado dos colectores de recollida, da conservación dos mesmos e da súa rotulación.

Segundo adiantou o edil de Medio Ambiente do Concello de Cervo, Antonio Basanta, o Concello ten previsto desenvolver unha campaña de sensibilización da poboación para que depositen os aceites de cociña dos seus fogares nestes colectores. Este tipo de aceites poden reempregarse en biodiésel, xabón ou abono orgánico. Ou na fabricación de velas, pinturas e vernices. Basanta sinalou tamén que á luz dos resultados desta primeira experiencia o Concello podería ampliar a colocación de colectores noutros puntos do termo municipal.

DANOS ECOLÓXICOS

O concelleiro de Medio Ambiente cervense sinalou que a recollida de aceites usados é importante para evitar os danos ecolóxicos que xera o seu vertido incontrolado. As graxas arroxadas polos escorregadoiros acaban atascando os sumidoiros e provocan un rápido desgaste dos filtros das depuradoras. Ademais, en ríos, o fluído forma unha película superficial que impide o paso do osixeno.


X CERTAME DE DEBUXO-PINTURA DÍA MUNDIA DA SIDA

VIHOs mozos e mozas de 14 a  25 anos do Concello de Cervo poden participar no X certame de debuxo e pintura organizado pola Unidade Asistencial de Drogodependencias Comarcal, ubicada en Burela e coa cal colabora o Concello de Cervo.

o obxetivo pimordial deste certame é O de Cconcienciar á poboación en xeral e, especialmente á xente máis nova sobre o VIH/SlDA, a PREVENCIÓN deste, e a solidaridade cos enfermos, por motivo do DÍA MUNDIAL DA SIDA.

BASES:

  • Poderán participar rapaces/zas desde OS 14 OS 25 anos dos municipios de: BURELA, O. VICEDO, VIVElRO, XOVE, CERVO, FOZ, ALFOZ, MONDOÑEDO,LOURENZÁ E O VALADOURO.Haberá 2 categlorías: de 14 a 18 e de 19 a 25 anos.
  • Técnica de debuxo libre (con cores fortes e ben delimitados).
  • Medida: Folio DIN A4, debuxo en posición VERTICAL.
  • Haberá un premio para cada categoría consistente nun vale de 120 euros en material deportivo a canxear "DEPORTES ELIDE", Avda. Arcadio Pardiñas 161-Baixo; 27.880-Burela (Lugo).
  • Os orixinais deberán enviarse sen asinar e acompañados dun sobre pechado cos datos persoais do/a autor/a.
  • Os traballos poderán presentarse ou dirixine á Unidade Preventivo-Asistencial de Drogodependencias (Rúa Laxelas, s/n 27.880-BureIa(Lugo)).
  • O prazo de recepción de orixinais na U.A.D. finaliza o VENRES 14 DE NOVEMBRO de 2008
  • A organización resérvarase O dereito de face-las modificaci6ns oportunas que poidan contribuir ao mellor desenvolvemento do Certame.
  • A organización resérvarase o dereito de quedarse os traballos presentados e e publica-los orixinais si fora o caso.
  • A participación neste certarne supópn a aceptación das presentees bases, e a renuncia de calquera reclamación.

O CONCELLO PON EN MARCHA UN PROGRAMA PARA ELABORAR UN ARQUIVO HISTÓRICO FOTOGRÁFICO

fotoO Concello de Cervo, a través das súas delegacións de Cultura, Asuntos Sociais e Patrimonio Cultural poñen en marcha unha iniciativa de ámbito municipal denominada “Buscando as Nosas Raíces” consistente na recompilación de fotografías antigas sobre a VIDA e COSTUMES DO CONCELLO.

    As concellerías organizadoras desta iniciativa son conscientes de que todos os veciños do noso concello constrúen a historia de Cervo. Por iso, queren crear entre todos (veciños, asociacións, colectivos, entidades, etc...) o Arquivo Fotográfico do Concello de Cervo: Unha gran historia contada foto a foto. Deste xeito, fan un chamamento aos veciños do concello e a todo tipo de asociacións para que aporten a documentación gráfica da que dispoñan e poder elborar así un arquivo fotográfico que se incorporará ao actual arquivo histórico municipal. Unha vez recompilada unha cantidade significativa de instantáneas está previsto que se faga unha Exposición cunha escolma do material acadado.

    Aquelas asociacións, colectivos, veciños e veciñas do municipio que dispoñan de fotografías anteriores a 1975 e que estean interesados nesta iniciativa poderán ceder as súas instantáneas para incluílas dentro deste arquivo mediante a súa reprodución en soporte dixital; e así poder elaborar unha catalogación da vida e costumes do nosos termo municipal.

    Para iso, persoal municipal adicarase a reunir os materiais que despois serán expostos nos distintos espazos municipais (salas de exposición e centros culturais de todo o concello). Os orixinais que se reciban serán escaneados antes de proceder á súa devolución aos propietarios; os cales, terán a potestade de engadir os seus nomes e outros datos persoais nos documentos.
 
    Os propietarios dos orixinais deberán ceder en empréstito as súas fotografías, as cales, unha vez dixitalizadas, seranlles devoltas. Así mesmo, os que así o desexen, tamén poderán ceder as súas fotos en formato dixital (formato *TIFF ou *JPG, cunha resolución mínima de 300 puntos por pulgada).

Cada fotografía deberá ir acompañada de:

  • A) Unha descrición do motivo da fotografía, o lugar da realización, a data na que foi tomada (se é posible); e os nomes das persoas na que aparecen na foto.
  • B) Unha ficha cós datos persoais do propietario: Nome, apelidos, dirección  e teléfono de contacto, co fin de poder remitir a cada participante as súas fotografías.


    Como agradecemento a todos os participantes entregaráselles un CD coas fotografías presentadas para a exposición. As fotografías poderanse entregar no Concello de Cervo, na Casa da Cultura de San Ciprián, ou nos distintos centros sociais das parroquias rurais.

    Para rematar, os organizadores salientaron unha vez máis a súa intención de que o proxecto sexa participativo. "Queremos que os veciños se fagan participes dél coas súas fotos persoais e familiares, aquelas que mellor contan a nosa vida, a de todos, a de Cervo. Detrás desas fotos está como fomos, como somos e como seremos. Está a nosa forma de vivir e a nosa proxección cara ao mañá. Por iso, convidamos a todos a participar, porque esas fotos que todos nós temos gardadas en albumes ou medio esquecidas entre caixóns ou en caixas de zapatos contan moito".


Contacto:


CERVO
EL MUNDO DEL MAR
EL MUNDO DE LA INDUSTRIA
EL LEGADO DE LA HISTORIA
EL RIO XUNCO
PATRIMONIO RELIGIOSO
Ecomuseo - Terras de azul cobalto
info@concellodecervo.com
Documentos
Comune di Cervo (Italia)
Comune di Cervo (Italia)
Imagen AleatoriaImagen Aleatoria
Visitar la Galería
Panorámicas de Cervo