|
O Concello de Cervo a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local vén de poñer en marhca o SERVIZO DE APOIO AO AUTÓNOMO. A finalidade deste servizo é satisfacer as necesidades deste colectivo, en materia de información, asesoramento e capacitación, nos eidos xurídico, económico e de xestión dos seus negocios o que lle permitirá reducir a incerteza e mellorar a competitividade. Neste senso, desde o Concello de Cervo estamos a realizar unha labor conxunta e coordinada con Bic Galicia, o IGAPE, e coa colaboración da Consellería de Benestar, que encadra diferentes medios para atopar asesoramento e orientación as cuestións e dúbidas mais habituais dos autónomos. No marco deses obxetivos, para atender todas as suas demandas e consultas; dende a Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local deste concello, proporcionamos asesoramento individualizado e axeitado ás circunstancias persoais do interesado, dispoñemos de información sobre as diferentes áreas de xestión (manuais, publicacións, fichas informativas....), e ofertamos a posibilidade de mellorar as capacidades empresariais con actividades formativas (cursos e seminarios), tanto xerais como específicos para cada campo, nas que vostedes poidan estar interesados.
Máis información:
Copyright © por Concello de Cervo Derechos Reservados. Publicado en: 2009-07-02 (2160 Lecturas) [ Volver Atrás ] |