Cambiar a idioma galego Cambiar a idioma español Cambiar a idioma italiano

Cervo

Taboleiro de anuncios

Calendario

Cervo empresarial

Zona industrial

Festas patronais

Festas gastronómicas

Ocio en Cervo

Imaxes do Concello

Teléfonos de interese

Medio ambente

Climatoloxía

Cómo chegar

Benvida do alcalde

Buzón do alcalde

Corporación e órganos de goberno

Servicios municipais

Descargas

Enlaces de interese

Información turística

Festas de interese

Aloxamentos

Comer en Cervo

Ónde comprar

Visitas turísticas

Turismo cultural

Transporte

Instalacións deportivas
Ver Tríptico
Ano 2007 (256Kb)  
banner Facebook

Predicción Climatolóxica
Predicción do Tempo
PROGRAMA DE
COMPOSTAXE DOMÉSTICA
 
Concello de Cervo


Noticias: NOVA PRAZA DOS CAMPOS SAN CIPRIAN
Tablón de Anuncios

O novo espazo urbano de 6.470 metros cadrados está deseñado para o uso e disfrute dos veciños que poderán desenvolver nel distintas actividades de ocio e esparexemento, así como outras ao aire libre como o mercado semanal.

ESTA SEMANA COMEZAN OS TRABALLOS DE CONSTRUCIÓN DA NOVA PRAZA PÚBLICA DOS CAMPOS EN SAN CIPRIÁN

  • O Grupo de Goberno deu a coñecer unhas imaxes que describen como será a nova praza, na que se multiplican as zonas arboradas, os espazos de repouso, e as prazas de aparcamento.
  • Destacan pola súa importancia na futura praza as áreas destinadas a albergar actividades deportivas e unha dúas novas zonas de xogos infantís
  • O Concello de Cervo amosa a súa satisfacción polo inicio das obras para a recuperación dun espazo que será cen por cen público, e cen por cen libre de edificacións.

Cervo, 4 de setembro de 2010.- O Grupo de Goberno municipal vén de informar do inminente inicio –comezarán esta semana- das obras de construción da nova praza pública dos Campos en San Ciprián. Esta actuación ten por obxecto crear un novo e...spazo urbano de 6.470 metros cadrados deseñado para o uso e disfrute dos veciños, que poderán desenvolver nel distintas actividades de ocio e esparexemento, así como outras ao aire libre como son o mercado semanal e as principais citas festivas. O financiamento dos traballos de construción da nova praza corren a cargo da Xunta de Galicia que asinou para este obxecto un convenio co Concello que supera o millón de euros.

O Grupo de Goberno municipal deu a coñecer unhas infografías -imaxes dixitais- (en portada) que permiten comprobar como será a futura praza dos Campos unha vez rematen os traballos para a súa construción. Un dos espazos públicos máis céntricos da Península da Paz verá multiplicadas as zonas arboradas, as áreas de repouso e o número de prazas para o estacionamento de vehículos. Ademais aproveitando as obras de construción da nova praza se mellorarán as redes de saneamento, alumeado público, teléfono e outros servizos, incluíndo a dotación de novo pavimento –granito, formigón e asfalto- e dun moderno mobiliario urbano.

DEPORTE, REPOUSO E XOGOS INFANTÍS

Nas imaxes proporcionadas polo Consistorio municipal destacan, pola súa importancia dentro do espazo da futura praza, as áreas destinadas a albergar actividades deportivas (unha cancha de xogo, cos laterais cubertos para evitar a perda de balóns), os espazos para o repouso (con mobiliario elixido con criterios estéticos, ergonómicos e funcionais) e dúas amplas zonas para os xogos infantís, as máis grandes de todo o termo municipal (separadas en función da idade de uso dos diversos aparatos de xogo), co seu perímetro balado e co chan adaptado para maior seguridade dos nenos, rodeada ademais por zonas verdes.

100% PÚBLICO, 100% LIBRE DE EDIFICACIÓNS

O Goberno municipal traballa deste xeito para recuperar a personalidade dun espazo, que será cen por cen público, e cen por cen libre de edificacións, e que foi deseñado para que poida ser aproveitado para o seu uso cultural, deportivo, festivo e social. Ademais a praza dos Campos de San Ciprián disporá de elementos tales como ramplas, rebaixados e accesos amplos, que permitirán salvar os obstáculos arquitectónicos cos que habitualmente se teñen atopado persoas con mobilidade reducida ou discapacitados.

SATISFACCIÓN DO GOBERNO MUNICIPAL

O Equipo de Goberno municipal amosou a súa plena satisfacción polo inicio dos traballos de construción da nova praza e lembraron que se trata dun proxecto no que levamos traballando desde hai moito anos, demandado pola veciñanza, e que poderá ser realidade dentro de pouco.

 

Enviado por cultura o Monday, 06 de September ás 11:40:12 (15 Lecturas)
(Ler máis... | Noticias | Puntuación 0)

ASUNTOS SOCIAIS: DESPEDIDA NENOS SAHARAUIS
Tablón de Anuncios

Os tres nenos saharauís que pasaron os meses de verán en Cervo recibiron a despedida do alcalde, Alfonso Villares, e da concelleira de Servizos Sociais, Pilar Armada.

Nesta breve xuntanza o rexedor local agradeceu o labor das dúas familias de acollida destes tres nenos “porque grazas a elas estes rapaces teñen a posibilidade de integrarse cos nenos de Cervo e ao cabo do verán son xa uns máis do noso concello” sinalou o alcalde.

Durante o acto de despedida os representantes municipais agasallaron aos rapaces con roupa e material deportivo e comprometéronse a seguir colaborando coas familias “para que este tipo de experiencias tan gratificantes non só para os nenos, se non tamén para as persoas que os acollen poda continuar nos vindeiros anos”.

O Concello de Cervo leva participando desde fai varios anos no programa de acollida “Vacacións en Paz”, organizado pola asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharauí coa colaboración de diversos concellos de Galicia. Esta iniciativa busca que os pequenos coñezan outra cultura e outro clima, gozando dunhas comodidades que non teñen onde viven.

Este ano o Concello de Cervo destinou 2.070 euros (690 euros por cada neno) a través da súa concellería de Asuntos Sociais na colaboración deste programa . Esta cantidade ten por obxecto sufragar os custes dos billetes de avión (ida e volta), póliza de seguro para cada un dos nenos acollidos; e os gastos dos acompañantes e de xestión.

Estes tres rapaces terán que volver o vindeiro día 1 de setembro aos campamentos de Tinduf, situados no Sahara Occidental en Alxeria, unha zona de contrastes con Galicia. Para algún destes nenos non é a primeira experiencia deste tipo, polo que xa non se sorprenden tanto das diferenzas existentes entre o seu país de orixe e España; pero para os recen chegados este é un mundo que non imaxinaban e no que todos os días descobren algo novo. Pola súa banda, as familias de acollida din sentirse satisfeitas coa experiencia e aseguran que repetirán.

 

Enviado por cultura o Monday, 30 de August ás 16:50:31 (12 Lecturas)
(Ler máis... | ASUNTOS SOCIAIS | Puntuación 0)

Noticias: RIVERA CASÁS FILLO ADOPTIVO DE CERVO
Tablón de Anuncios

O Concello de Cervo nomeou o martes 24 de agosto de 2010 ao mestre Francisco Rivera Casás como fillo adoptivo do municipio. A cerimonia comezou coa recepción do homenaxeado por parte do alcalde, Afonso Villares, no salón de plenos onde se deu lectura á acta do acordo adoptado no pleno.

Ao fillo predilecto de Cervo, Franciso Moisés Rivera Casás, se lle fixo entrega do certificado do acordo plenario, dun diploma en pergamiño acreditativo e dun botón de solapa de ouro co escudo municipal. Ademais o seu neto, o xornalista Javier Rivera falou sobre a personalidade e a vida profesional do seu avó. O rexedor cervense foi o encargado de pechar o acto.

O celebrado o pasado martes foi a materialización do recoñecemento público de tódolos veciños do concello a un persoeiro que forma parte dá historia viva de Cervo e que foi protagonista directo dous cambios e logros acadados por este municipio non último século». Así mesmo, adiantou que nos próximos meses farase un acto similar para o nomeamento de Isaac Díaz Pardo.

 

Enviado por cultura o Monday, 23 de August ás 16:45:21 (33 Lecturas)
(Ler máis... | 2034 bytes máis | Noticias | Puntuación 0)

EDUCACION: NOVAS AXUDAS PARA ESTUDANTES
Tablón de Anuncios

O Goberno local destina 6.000 euros do orzamento municipal para esta nova subvención
 
O CONCELLO ABRE UNHA NOVA LIÑA DE AXUDAS PARA O TRANSPORTE AOS ALUMNOS DE ENSINANZAS NON OBRIGATORIAS E SUPERIORES

  • Os beneficiarios terán dous meses de prazo para formalizar as súas solicitudes unha vez se publiquen as bases no BOP
  • Poderanse acoller as unidades familiares con ingresos per cápita que non superen o IPREM (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples)

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a concelleira de Educación, Yolanda Pedreira, deron a coñecer no día de hoxe a posta en marcha dunha nova liña de axudas municipais para o transporte dos alumnos do termino municipal que cursan estudios de secundaria postobrigatoria e ensinanzas superiores.
 
Para cubrir as peticións que se podan recibir o Concello ten consignado un orzamento inicial de 6.000 euros procedentes das arcas municipais e segundo indicou a responsable da área de Educación municipal, o obxecto desta nova subvención é axudar “na medida das nosas posibilidades” a aquelas familias que polas súas condicións socioeconómicas teñen máis dificultades para afrontar os gastos de desprazamento dos seus fillos e fillas para estudar fora do termo municipal “é contribuír deste xeito a facer efectivo o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación”.
 
Os beneficiarios destas subvencións serán os estudantes que cursen, fora do termo municipal e en centros de ensinanza sostidos con fondos públicos, algún dos seguintes estudios que non se imparten no Concello de Cervo:
 
Educación secundaria postobrigatoria:

◦     Bacharelato (modalidade de artes)
◦     Formación profesional de grao medio
◦     Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao medio
◦     Ensinanzas deportivas de grao medio
 
Educación superior:


◦     Ensinanza universitaria (diplomatura, licenciatura ou grao)
◦     Ensinanzas artísticas superiores
◦     Formación profesional de grao superior
◦     Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior
◦     Ensinanzas deportivas de grao superior
 
Quedan excluídas desta convocatoria de axudas, as ensinanzas de réxime especial (ensinanzas de idiomas, artísticas ou deportivas).
 
As axudas poderán ser solicitadas por aquelas unidades familiares empadroadas no municipio que teñan fillos cursando algunha das modalidades ou cursos educacivos anteriormente citados e cuxos ingresos per cápita sexan iguais ou inferiores ao IPREM (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples) e que está marcado en 6.326,86 € anuais. A súa contía da subvención será de 150 euros por cada alumno/a beneficiario.
 
No suposto de que unha vez efectuada a avaliación das solicitudes se supere o límite máximo da subvención (6.000 €), procederase a retirar aquelas solicitudes cuxas rendas sexan máis elevadas, ata o límite do crédito máximo establecido.
 
Para formalizar as solicitudes os beneficiarios terán que proporcionar a fotocopia do DNI de todos os membros da unidade familiar, a fotocopia do Libro de Familia, a certificación do nivel de renda 2008 de todos os membros computables da familia, a certificación do centro educativo que acredite que a/o alumna/o está matriculada/o e asiste ás clases no curso académico 2009-2010 e unha copia cotexada do boletín de cualificacións ou certificación expedida polo centro educativo de terse presentado alomenos ao 50% das materias correspondentes á matrícula no curso 2009-2010
 
A concelleira cervense confiou en que esta iniciativa sexa ben acollida entre a comunidade escolar, "xa que a aposta pola educación é unha das bases fundamentais da sociedade”.
 
Pola súa banda, Alfonso Villares sinalou que a intención do equipo de Goberno local é a de “ampliar e completar o xa de por si amplo abano que temos en materia de axudas de carácter educativo” e incidiu en que o Concello de Cervo destina anualmente máis de 61.000 euros en subvencións para a comunidade escolar. “Non me cansarei de repetir que, tendo en conta que somos un concello pequeno e cunha comunidade escolar reducida, somos o municipio da Mariña que máis recursos económicos propios destinamos porcentualemente para este fin e facémolo porque estamos convencidos de que a educación debe ser o motor principal do futuro do noso municipio” asegurou o rexedor cervense.

Enviado por cultura o Friday, 06 de August ás 13:21:09 (53 Lecturas)
(Ler máis... | 19570 bytes máis | EDUCACION | Puntuación 0)

DEPORTES: APERTURA DAS PISCINAS AO AIRE LIBRE DE RIOCOBO
Tablón de Anuncios

AS PISCINAS AO AIRE LIBRE DE RÍO COBO PERMANECERÁN ABERTAS AO PÚBLICO ATA MEDIADOS DE SETEMBRO

  • A instalación olímpica de Lieiro entrará novamente en servizo o vindeiro día 1 de setembro tralos traballos habituais de mantemento feitos neste mes de agosto

O concelleiro de Deportes do Concello de Cervo, Rubén Fernández, informou de que as piscinas ao aire libre das instalacións deportivas de Río Cobo non pecharán as súas portas a finais deste mes como viña sendo habitual, se non que permanecerán abertas ao público ata o 15 de setembro.

Segundo indicou o responsable municipal de Deportes, a decisión de alongar este período de apertura das instalacións de Río Cobo responde ás suxestións feitas polos usuarios e basease en dous factores: “Á boa afluencia de público que están tendo estas piscinas ao aire libre por parte dos veciños e usuarios en xeral; e tamén ao bo clima do que estamos a gozar e que invita a seguir practicando a natación ao aire libre” sinalou Fernández, quen tampouco esgotou a posibilidade de alongar aínda máis a apertura das piscinas de Río Cobo “se o tempo nolo permite”.

A OLÍMPICA ABRE EN SETEMBRO

Ruben Fernández indicou tamén que esta prolongación nas datas de funcionamento das piscinas ao aire libre de Río Cobo non afectará en absoluto á programación de funcionamento establecida dende o Concello para a piscina olímpica climatizada municipal. “A piscina de Lieiro abrirá a partir do vindeiro 1 de setembro no seu horario habitual despois de estar durante este mes facéndose nela os traballos preceptivos de mantemento que regularmente facemos coincidindo coas datas de verán” recalcou o edil popular cervense.

O concelleiro de Deportes lembrou que dende o consistorio cervense continúan a traballar para mellorar as instalacións deportivas municipais “e para poder ofertar máis e mellores servizos aos nosos veciños e veciñas afeccionados á práctica do deporte”.

Os horarios para o uso do ximnasio e da sauna da piscina olímpica municipal de Lieiro durante o mes de agosto serán os seguintes:

* De luns a Venres:
o De 10.00h a 13.00h e de 19.00h. a 22.00h.
* Sábados:
o De 10.00h. a 15.00h


A DELEGACIÓN DE DEPORTES AMPLÍA AOS DOMINGOS OS HORARIOS DE UTILIZACIÓN DA PISTA DE PÁDEL MUNICIPAL

*Amplíase a posibilidade de utilizar esta instalación deportiva de carácter público dada a boa acollida da xente

O concelleiro de Deportes de Cervo, Rubén Fernández, anunciou hoxe que a pista de pádel municipal situada no polígono de servizos de Cuíña estará tamén a disposición do público os domingos. “Ata o de agora só se podía reservar e utilizar a pista de luns a venres, pero dada a boa acollida da xente decidimos ampliar os horarios de uso tamén aos domingos” indicou Fernández.

Reserva e retirada das chaves

O edil cervense sinalou que ao estar pechada a piscina municipal os domingos “e dado que a xestión da pista se fai dende esta instalación”, aqueles interesados en facer uso desta instalación en domingo deberán formalizar a súa reserva e retirar as chaves o día anterior (sábado) na piscina municipal de Lieiro de 10.00 a 15.00 horas “e terán que devolver as chaves o luns a primeira hora novamente na piscina municipal” recalcou o responsable da área de Deportes municipal.

A pista de padel municipal foi inaugurada o pasado mes de maio. A utilización desta instalación deportiva de uso publico ten un prezo de 3,30 euros a hora, sendo o seu período máximo de reserva de hora e media e sen destinguir entre censados e non censados no concello. No momento de formalizar a reserva, os usuarios deberán deixar o seu carné de identidade cando vaian a retirar a chave da instalación e devolveráselles cando fagan entrega das chaves na piscina municipal.

 

Enviado por cultura o Thursday, 29 de July ás 13:43:10 (33 Lecturas)
(Ler máis... | DEPORTES | Puntuación 0)

CERVO
O MUNDO DO MAR
O MUNDO DA INDUSTRIA
O LEGADO DA HISTORIA
O RIO XUNCO
PATRIMONIO RELIXIOSO
Ecomuseo - Terras de azul cobalto
Comune di Cervo (Italia)
Comune di Cervo (Italia)
piccervo
Documentos
Perfil do Contratante