NOVAS NOVAS
« Atrás

A CASA DA CULTURA ACOLLERÁ O FESTIVAL MAR DE VOCES O SÁBADO 8 DE XUÑO

A cita musical, prevista para as 19:30 horas, está organizada pola asociación Mujeres de San Ciprián coa colaboración co Concello de Cervo

  • Actuarán o grupo local A Rebolaxe e o coro tradicional Cantares de Brión, e a entrada é de balde

O auditorio da Casa da Cultura acollerá o 1º Festival Mar de Voces o sábado 8 de xuño.

A cita foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, pola edil de Muller e Igualdade, Pilar Armada, e por Amparo Pernas e Ángeles Martínez, en representación da asociación Mujeres de San Ciprián, que organiza o evento coa colaboración do Concello de Cervo.

O festival, con entrada libre e previsto para as 19:30 horas, contará coas actuacións do grupo local A Rebolaxe e Cantares de Brión (coro tradicional constituído en marzo de 2010 e integrado por 65 personas; entre os seus propósitos principais está a interpretación, divulgación e restitución da música coral tradicional galega con acompañamento instrumental, así como o uso e divulgación do traxe tradicional).

Desde a asociación Mujeres de San Ciprián apuntan que este festival nace coa idea de consolidarse no tempo, co fin de que sexa unha data marcada no calendario; “cada segundo fin de semana do mes de xuño pretendemos celebrar o festival Mar de Voces, co obxectivo de que poida ser un punto de encontro da cultura galega e o escenario de diferentes grupos locais e tamén doutros puntos de Galicia  que queiran compartir o seu talento con nós en San Ciprián”, precisaron.

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa