NOVAS NOVAS
« Atrás

A DELEGACIÓN DE XUVENTUDE PROGRAMA UNHA NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA CERVO A CARÓN DO VOLUNTARIADO

A DELEGACIÓN DE XUVENTUDE PROGRAMA UNHA NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA CERVO A CARÓN DO VOLUNTARIADO

Os rapaces e as rapazas interesadas poden informarse e formalizar a inscrición no Concello ou na Casa da Cultura

O Concello de Cervo, a través da delegación de Xuventude, programa unha nova edición do programa Cervo a carón do voluntariado.

A iniciativa está dirixida á mocidade de entre 16 e 30 anos. As persoas inscritas poderán colaborar nas diferentes actividades que se programan dende o Concello como os Enredos de Verán ou as Noites Alternativas, participar activamente nas exposicións de carácter artístico, cultural e relacionadas co medio ambiente; e en actividades de animación e promoción de lectura; entre outras.

O proxecto de Acción Voluntaria abrangue ata o 1 de outubro, e cada voluntario colaborará nos programas un máximo de 60 xornadas de 6 horas diarias.

As inscricións son de balde e as prazas son limitadas. Máis información na Casa da Cultura de San Ciprián (982 59 51 57).

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa