NOVAS NOVAS
« Atrás

A PARROQUIA DE SAN ROMÁN CELEBRARÁ AS SÚAS FESTAS NA HONRA Á VIRXE DO PILAR E Á VIRXE DO CARME

O venres 7 terá lugar o SanroDance 2022 a partir das 23:00 horas no Pavillón da parroquia, que contará coa participación dos DJs Marcos Peón e David Expósito, ademais da Disco Móbil Conxuro

O resto dos días de festa estarán amenizados polas orquestras Garibaldi, Charleston Big Band, o dúo Estrellas e o dúo Epo-k

O domingo 9 e o mércores 12 haberá misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Cervo, ás 13:15 e ás 12:00 horas, respectivamente

A parroquia de San Román celebrará as Festas na Honra á Virxe do Pilar e á Virxe do Carmen do 7 ao 12 de outubro.

Os diferentes actos previstos foron presentados polo rexedor, Alfonso Villares, pola edil de Cultura, Dolores García Caraméns, e por unha representación da Comunidade de Montes de Vilaestrofe,  entidade que organiza a festa, coa colaboración do Concello de Cervo.

O programa arrinca o venres 7 co SanroDance 2022, que terá lugar a partir das 23:00 horas no Pavillón de San Román e que contará coa participación dos DJs Marcos Peón (Hermo) e David Expósito (Radio Líder) ademais da Disco Móbil Conxuro.

O sábado 8 a verbena estará protagonizada polas orquestras Garibaldi e Charleston Big Band.

Xa o domingo 9, ás 13:15 horas está prevista a misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Cervo na honra á Virxe do Carme; a continuación a sesión vermú estará protagonizada polo Dúo Estrellas.

Os actos rematarán o día 12, cunha misa solemne na honra á Virxe do Pilar, seguida de sesión vermú co Dúo Epo-k.

O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza e visitantes, a que gocen destas xornadas festivas na parroquia de San Román.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa