NOVAS NOVAS
« Atrás

A SALA DE EXPOSICIÓNS DO COMPLEXO HISTÓRICO E ARTÍSTICO DE SARGADELOS ACOLLE ESTE SÁBADO O II

 A SALA DE EXPOSICIÓNS DO COMPLEXO HISTÓRICO E ARTÍSTICO DE SARGADELOS ACOLLE ESTE SÁBADO O II MERCADO DE NADAL

 

  • Estará aberto a todo o público desde as 11:00H ata as 20:00H

 

§  Haberá actuacións de maxia, música e contacontos durante toda a xornada

 

 

Cervo, 16 de decembro de 2021.-  A Sala de Exposicións do Complexo Histórico e Artístico de Sargadelos acolle este sábado 18 de decembro a segunda edición do Mercado de Nadal.

 

No mediodía de hoxe a concelleira de cultura, Dolores García, o concelleiro de Turismo, David Rodríguez e a xerente de Marmeladas A Morena, un dos locais organizadores xunto con Serea Surfboards e Pasiños na Lúa, presentaron o programa de actividades para este sábado.

 

O mercado, organizado polos tres negocios artesáns afincados no conxunto histórico, conta coa colaboración do Concello de Cervo, o Bar Figueirido, o Ultramarinos A Campanilla, O Caseto de Copa e a Pousada O Almacén.

 

A xornada contará con diferentes actuacións culturais que comezan, ás 11:30H, coa percusión  africana de Mapato. Ás 12:15H será a quenda para a contacontos Olga Abad e ás 13:15H Verónica Cambón ofrecerá un concerto para todos os asistentes.

 

Xa pola tarde, Mapato volverá a mostrar as súas dotes coa percusión africana ás 16:00H; ás 17:00H o mago Jorge maravillará a todos os presentes cos seus trucos 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa