
A SALA DE EXPOSICIÓNS DO COMPLEXO HISTÓRICO E ARTÍSTICO DE SARGADELOS ACOLLE ESTE SÁBADO O II
A SALA DE EXPOSICIÓNS DO COMPLEXO HISTÓRICO E ARTÍSTICO DE SARGADELOS ACOLLE ESTE SÁBADO O II MERCADO DE NADAL
- Estará aberto a todo o público desde as 11:00H ata as 20:00H
§ Haberá actuacións de maxia, música e contacontos durante toda a xornada
Cervo, 16 de decembro de 2021.- A Sala de Exposicións do Complexo Histórico e Artístico de Sargadelos acolle este sábado 18 de decembro a segunda edición do Mercado de Nadal.
No mediodía de hoxe a concelleira de cultura, Dolores García, o concelleiro de Turismo, David Rodríguez e a xerente de Marmeladas A Morena, un dos locais organizadores xunto con Serea Surfboards e Pasiños na Lúa, presentaron o programa de actividades para este sábado.
O mercado, organizado polos tres negocios artesáns afincados no conxunto histórico, conta coa colaboración do Concello de Cervo, o Bar Figueirido, o Ultramarinos A Campanilla, O Caseto de Copa e a Pousada O Almacén.
A xornada contará con diferentes actuacións culturais que comezan, ás 11:30H, coa percusión africana de Mapato. Ás 12:15H será a quenda para a contacontos Olga Abad e ás 13:15H Verónica Cambón ofrecerá un concerto para todos os asistentes.
Xa pola tarde, Mapato volverá a mostrar as súas dotes coa percusión africana ás 16:00H; ás 17:00H o mago Jorge maravillará a todos os presentes cos seus trucos