NOVAS NOVAS
« Atrás

A VI FOLIADA NORDESTÍA TERÁ LUGAR O 13 DE ABRIL, EN SAN CIPRIÁN

No evento, organizado pola grupo A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo, hai programados Cantos de Taberna, un xantar popular, xogos infantís, un obradoiro de baile; e xa pola noitiña terá lugar o Festival no que non faltarán os callos e a queimada

San Ciprián acollerá o sábado 13 de abril a VI Foliada Nordestía cun programa completo e variado pensado para todos os públicos.

A cita, organizada por A Rebolaxe e que conta coa colaboración do Concello de Cervo, foi presentada pola edil de Cultura, Dolores García Caramés, e por varios membros deste grupo.

O programa comezará ás 12:30 horas con Cantos de Taberna, ás 15:15 horas está previsto un xantar popular e xa pola tarde haberá xogos infantís e un obradoiro de baile.

Como broche de ouro da xornada, ás 21:30 dará comezo o Festival que contará coa actuación dos grupos A Rebolaxe, Son do Xabre, Os Carecos e A Compañía o Ruído; non faltarán os callos e a queimada.

O Concello de Cervo convida á veciñanza e ás persoas visitantes a gozar dunha xornada única na que a música, o baile e a diversión estarán garantizados.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa