NOVAS NOVAS
« Atrás

CERVO CELEBRARÁ A PRÓXIMA FIN DE SEMANA A FESTA NA HONRA DA VIRXE DAS DOLORES

Dentro da programación, o sábado, a partir das 12:00 horas, terá lugar a VI Festa Popular dos Callos

A parroquia de Cervo celebrará a Festa na Honra da Virxe das Dolores a vindeira fin de semana.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e os membros da A.C. Virxe das Dolores, Juan José Pardo e Federico Lage, presentaron o evento.

A cita comezará o sábado 21 coa preparación da alfombra floral ás 12:00 horas. A esa mesma hora, dará comezo a VI  Festa Popular dos Callos, amenizada por DJ FDB.

Ás 22:00 horas comezará a Gran Verbena a cargo da orquestra Ritmo Noche seguida de Mayel Trío.

Xa o domingo 22 haberá misa solemne ás 13:00 horas cantada polo Coro Parroquial e a continuación terá lugar o pasarrúas e a procesión acompañada da banda TAU de Viveiro.

Ás 14:00 horas comezará a sesión vermú prolongada co Grupo Puzzle.

A Festa está organizada pola A.C. Virxe das Dolores coa colaboración do Concello de Cervo, que convida a toda a veciñanza e visitantes, a que gocen destas dúas xornadas festivas na parroquia de Cervo.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa