NOVAS NOVAS
« Atrás

CERVO CELEBRARÁ UN NOVO ENTROIDO, COS DEFILES DE CERVO E SAN CIPRIÁN COMO PRATOS FORTES DA PROG

 CERVO CELEBRARÁ UN NOVO ENTROIDO, COS DEFILES DE CERVO E SAN CIPRIÁN COMO PRATOS FORTES DA PROGRAMACIÓN

 

  • Os dous desfiles, que se desenvolverán polas rúas dos dous núcleos, serán os elementos principais dun programa de actividades que se anunciará nos vindeiros días

 

Cervo, 09 de Febreiro de 2022. O Concello de Cervo recupera a celebración do entroido, que terá lugar na última semana de febreiro, cos desfiles de Cervo e San Ciprián como pratos principais. O cartel completo con todas as actividades programadas será anunciado nos vindeiros días.

O Desfile de Entroido de Cervo, organizado pola asociación Airiños do Xunco, levarase a cabo o domingo 27 de febreiro, mentres que o Desfile de Entroido de San Ciprián celebrarase, como sempre, o martes 1 de marzo. Os dous desfiles realizaranse respectando os protocolos e medidas que as autoridades establezan para esas datas.

 

A concelleira de Cultura, Dolores García Caramés celebra que se podan retomar este tipo de eventos e aclarou que “os desfiles desenvolveranse respectando, sempre, as medidas de distancia social e seguridade establecidas na data na que se celebrarán os desfiles”. Apuntou que “xa desde o verán do 2021 levamos organizando dun xeito seguro todo tipo de eventos de ocio e culturais”.

A edil sinalou que “este ano, no caso de que as condicións meteorolóxicas non acompañen, os defiles terán que ser suspendidos, mais agardamos que esto non sexa así, polo que convidamos a todos e todas, veciñanza e visitantes, a que se animen e veñan a gozar do entroido a Cervo”. 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa