NOVAS NOVAS
« Atrás

ESPAZO PARA ALIMENTAR A COLONIA DE GATOS DA GALIÑEIRA

A medida foi consensuada coa Asociación Protectora de Animais Coletiñas “buscando unha solución para reubicar a colonia que hai na zona para evitar problemas de convivencia no barrio”

O Concello de Cervo, en coordinación coa Protectora de Animais Coletiñas, vén de habilitar un espazo para que as persoas autorizadas –neste caso as persoas que integran a protectora- alimenten á colonia de gatos que hai na zona da Galiñeira, en Lieiro.

Villares explicou que esta foi a solución que buscamos, en consenso con Coletiñas, para “tentar reubicar esa colonia nun lugar afastado das vivendas, para tentar así evitar problemas de convivencia no barrio”.

Desde o Concello de Cervo, fan un chamamento á colaboración veciñal para que se respecte este sistema de alimentación establecido pola protectora, “porque é a forma de conseguir un equilibrio na convivencia”.

 

 

 

 

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa