NOVAS NOVAS
« Atrás

GARCÍA CARAMÉS: "AS OBRAS DA RÚA DO FARO, NA ATALAIA, ESTANSE A ACOMETER BAIXO A SUPERVISIÓN CO

Os traballos de mellora integral desta zona prosiguen con cautela e baixo o aval dos técnicos e da Dirección Xeral de Patrimonio "co obxectivo de tratar de conxugar a vida dos veciños co valor histórico destes achádegos"

A edil de Patrimonio, Dolores García Caramés, recordou hoxe que as obras da Rúa do Faro, na zona da Atalaia, estanse a acometer “baixo a supervisión continua dun arqueólogo, e desde o Concello estamos a seguir en todo momento as directrices marcadas pola Dirección Xeral de Patrimonio, velando sempre pola conservación dos nosos bens históricos”

Caramés explicou que os traballos de mellora integral desta zona de San Ciprián prosiguen con cautela, e baixo o aval dos organismos competentes e dos técnicos “co obxectivo de conxugar a vida dos veciños co valor histórico destes achádegos”.

A edil subliñou que desde o Concello estamos a dar os pasos necesarios para poñer en valor toda esta zona, “buscando a compatibilidade de conservar o Castro, cos dereitos da veciñanza que habita na contorna”.

Neste senso, Caramés recordou que o ente municipal xa redactou un Plan Especial de Protección do Castro da Atalaia que xa foi sometido a avaliación ambiental.

A concelleira precisou que o equipo de Goberno traballa sempre coa mirada posta na protección do noso Patrimonio, e por iso, neste caso tamén, estamos en contacto continuo coa Dirección Xeral de Patrimonio e cos arqueólogos “para poñer en valor toda esta zona que é unha xoia patrimonial”, sentenciou.

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa