NOVAS NOVAS
« Atrás

INAUGÚRASE EN CERVO O OBRADOIRO ‘SENDAS DE BURELA, CERVO E XOVE VII’, QUE EMPREGA A UN TOTAL DE

O curso, que se inicia hoxe, terá unha duración de 9 meses, e nel participarán 7 alumnos e alumnas de Cervo

  • Está subvencionado pola Xunta de Galicia cunha aportación total de 346.946€.

O rexedor, Alfonso Villares, acompañado pola concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez, inaugurou o obradoiro de emprego “Sendas de Burela, Cervo e Xove VII”, que comeza este mes de decembro, e que se prolongará durante 9 meses.

O Concello de Cervo promove neste ocasión este taller compartido subvencionado pola Xunta de Galicia cunha aportación de 346.946 euros, no que se formarán 20 persoas desempregadas -7 alumnos/as en Cervo, en actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería-.

Villares quere destacar a gran importancia deste obradoiro á hora de mellorar e acondicionar as zonas verdes e os espazos públicos do Concello. O rexedor explicou que os traballos centraranse fundamentalmente no acondicionamento do parque Reina Sofía en San Ciprián e o parque das Lobeiras e o municipal en Cervo; as zonas verdes e infantís en A Veiga, a continuación coa creación e mellora dos xardíns da Atalaia; a contorna da Antiga Fábrica de Salazón e a Ponte Medieval de Lieiro; a zona verde do Campo da Feira e a Praza do Souto; a área recreativa das Antigas Fábricas de Sargadelos e farán tamén diferentes traballos de roza, poda ou plantación de especies de tempada.

Villares destacou a importancia que ten neste caso a colaboración institucional que “nos permite impulsar, grazas á inversión da Xunta de Galicia, este tipo de programas que contribúen enormemente a mellorar a empregabilidade dos participantes ofrecéndolles unha formación teórico-práctica de calidade da man de profesionais cualificados”.

Este tipo de cursos formativos –engade- “dota aos participantes de ferramentas que lles permiten reforzar os seus coñecementos, e adquirir novas competencias nun oficio que ten proxección práctica na nosa zona e unha formación que pode impulsar tamén o emprendemento para poder iniciar os seus propios proxectos”.

 

 

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa