NOVAS NOVAS
« Atrás

O CAMPIONATO DE TUTE E PARCHÍS POLO DÍA DA MULLER REÚNE A CASI MEDIO CENTO DE PARTICIPANTES

A Casa do mar é o escenario das partidas que se organizan durante as tardes ata principios do mes de marzo cando se decidirán as parellas gañadoras

O Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade que dirixe Pilar Armada, conta cunha gran participación no xa tradicional campionato de tute e parchís con motivo do Día Internacional da Muller.

As partidas, que deron comezo o pasado luns 23 de xaneiro, prolongaranse ata o próximo mes de marzo e contan con ao redor de 40 mulleres do municipio, divididas en 11 parellas de tute e 8 parellas de parchís.

As gañadoras do primeiro, segundo e terceiro posto de cada categoría recibirán un trofeo de cerámica de Sargadelos o sábado 11 de marzo na cea do Día da Muller, que dará por finalizada a competición.

Dende o Concello de Cervo e, especialmente, a edil responsable da delegación de Muller, Pilar Armada “agradecen a participación de todas as mulleres que forman parte do campionato e convidan a futuras xogadoras a participar en próximas edicións”.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa