NOVAS NOVAS
« Atrás

O CENTRO DE EMPRENDEMENTO DE SARGADELOS AMPLÍA A SÚA OFERTA CUN ESTABLECEMENTO DE FABRICACIÓN E

Estas actividades veñen sumarse ao centro ecuestre “Cabaliño de Pao” que leva en funcionamento desde o pasado verán,  e a un establecemento de alimentación ecolóxica e a un café-bar cultural que abrirán as súas portas nos vindeiros días

O aluguer dos locais –tan só queda un dispoñible- rolda os 20 euros ao mes “sempre que dean cumprimento a uns requisitos que son moi accesibles”

O Centro de Emprendemento acondicionado no edificio das Antigas Cabalerizas de Sargadelos amplía a súa oferta de actividades cun establecemento de fabricación e venda de táboas de surf artesanais e cun obradoiro creativo e estudo de tatuaxes.

O rexedor, Alfonso Villares, asinou esta mesma mañá o contrato coa persoa adxudicataria do local número 1, Alejandro Molina, que ten previsto desenvolver a partir de maio a súa actividade baseada na fabricación e deseño de táboas de surf artesanais, incluíndo tamén a creación de prendas relacionadas con este deporte.

En días atrás, tamén foi adxudicado o local número 2, que albergará un obradoiro creativo (costura creativa, complementos/decoración creativa…); zona de tenda e espazo para nais lactantes; e estudo de arte na pel e perforación, entre outras actividades.

Estas iniciativas veñen sumarse ao centro ecuestre “Cabaliño de Pao” que botou a andar este pasado verán cunha gran acollida; e a un establecemento de alimentación ecolóxica e a un café-bar cultural que abrirán as súas portas nos vindeiros días.

Villares apuntou que a día de hoxe só queda un dos seis locais que acondicionamos dispoñible, unhas cifras de ocupación –precisou- que avalan a “importante aposta que fixemos desde o equipo de goberno para poñer en marcha este proxecto concibido cun dobre obxectivo;  por unha banda darlle ese impulso ao Conxunto Histórico; e por outra ofrecerlle a estas persoas emprendedoras e con ideas novidosas e interesantes unha opción para poder iniciar a súa actividade facendo fronte a un custe asumible, de arredor de  20 euros mensuais”.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa