NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA A NOVA TEMPADA DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNIC

 

Desde o 1 de outubro ofertarase ximnasia de mantemento, pilates e aerozumba, tanto en Cervo como en San Ciprián

As fichas de inscrición facilitaranse e entregaranse no Concello ou na Casa da Cultura

O criterio de admisión fixarase segundo a orde de entrega da documentación

O Concello de Cervo  ten aberto o prazo de inscrición para a nova tempada das Escolas Deportivas Municipais de adultos cun estrito protocolo de seguridade e limite de aforo motivado polo COVID-19.

O edil de Deportes, David Rodríguez, en coordinación coa persoa encargada de impartir as sesións, Belinda Fra, deseñou un protocolo para afrontar este novo curso de carácter excepcional “que arrincaremos o 1 de outubro con ximnasia de mantemento, pilates e aerozumba”; tanto no Ecomuseo de Cervo como na Casa da Cultura en San Ciprián.

As fichas de inscrición facilitaranse e entregaranse no Concello ou na Casa da Cultura e o criterio de admisión fixarase segundo a orde de entrega da documentación; tamén se poden descargar no seguinte enlace: https://drive.google.com/file/d/1NDDDjU5szYTSxHGMmTV7nPn4sp0POS3v/view?fbclid=IwAR2ECtIjHovM4TotgYNoSTr9DNqoY143NQHOcj2YtPO0IVF_K9bLvj1iElE

Para que as clases se leven a cabo, o número mínimo de persoas usuarias inscritas deberá ser igual ou superior a cinco.

Desde o Concello recordan que o uso da máscara será obrigatorio en todo momento; así como desinfectar o material utilizado unha vez rematado o exercicio.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa