
« Atrás
O CONCELLO DE CERVO ABRIRÁ AS PISCINAS DE RÍO COBO ESTE MARTES, 23 DE XULLO
Nas últimas semanas estanse a levar a cabo tarefas de mantemento e acondicionamento para que a veciñanza poida facer uso delas ata mediados de setembro
- As instalacións permanecerán dispoñibles de martes a domingo, en horario de 15:00 a 20:00 horas.
- O rexedor, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, David Rodríguez, supervisaron os traballos de acondicionamento que se están a realizar estes días.
O Concello de Cervo abrirá este martes, 23 de xullo as piscinas de Río Cobo.
Así o anunciou hoxe o alcalde Alfonso Villares, quen acompañado polo edil de Deportes, David Rodríguez, supervisou os traballos de mantemento e acondicionamento que se está a levar a cabo estes días para que a veciñanza poida desfrutar delas.
As instalacións permanecerán dispoñibles ata mediados de setembro, de martes a domingo, en horario de 15:00 a 20:00 horas.