NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO ACHEGA A RECICLAXE ÁS PISTAS DE PÁDEL DO COMPLEXO DEPORTIVO DA VEIGA

Instaláronse uns recollepelotas feitos con material reciclado a fin de “darlle unha segunda vida a estas bolas desbotadas polas persoas usuarias das instalacións”

O Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente, instalou recipientes “reciclapelotas” nas pistas de pádel da Veiga, como complemento ás múltiples iniciativas que se levan adiante nesta materia co  fin de dar cabida á reciclaxe nos múltiples ámbitos do día a día.

Estes elementos están fabricados con excedentes dos contedores destinados á recollida de residuos mariños e teñen unha capacidade de aproximadamente 300 pelotas, que son recollidas e reutilizadas para diversas actividades educativas, ou poden servir como elemento decorativo para os adornos municipais, como os propios bonecos de neve que se instalaron nas diferentes parroquias durante o Nadal, entre outros usos.

Con esta iniciativa, explican desde o Concello, “garántese unha segunda vida a estas pelotas, desbotadas polas persoas usuarias, reducindo así o impacto ambiental dun produto que, doutro xeito, remataría nun vertedoiro.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa