NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO AGRADECE ÁS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS, ÁS PERSOAS VOLUNTARIAS E ÁS ENTIDADE

A Xunta de Galicia entregou desde o inicio da crise sanitaria 4800 luvas, 4368 máscaras, ademais de traxes buzo, batas, pantallas de protección ocular e xeles hidroalcohólicos

  A Deputación provincial tamén achegou 1300 máscaras que será destinadas ás auxiliares de Axuda no Fogar

  Veciñas de Cervo teceron á súa vez centos de cubrebocas coas súas mans que foron entregadas esta fin de semana nos domicilios con nenos de entre 3 e 14 anos

O Concello de Cervo agradece ás Administracións públicas, ás persoas voluntarias e ás entidades privadas a doazón de todo tipo de material de protección fronte ao coronavirus.

En concreto desde o inicio da crise sanitaria, a Xunta de Galicia fixo chegar 4800 luvas, 4368 máscaras, ademais de traxes buzo, batas, pantallas de protección ocular e xeles hidroalcohólicos; que foron distribuídos entre o persoal de Servizos Sociais do Concello, o servizo de emerxencias municipal, o Centro de Día Residencia e a unidade residencial da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña, ubicada na zona da Bidueira, en Cervo. As entregas de material teñen lugar cada semana desde o pasado 24 de marzo

Pola súa banda, a Deputación provincial achegou ao Concello de Cervo o pasado venres unha primeira remesa de material que contén 1300 máscaras que serán distribuídas, en función das necesidades, entre as auxiliares do Servizo de Axuda no Fogar.

Desde a Administración local tamén queren recordar especialmente o labor desinteresado de veciños e veciñas que se prestaron voluntarios/as para tecer coas súas mans e cos seus medios centos de cubrebocas que foron entregadas durante a fin de semana naqueles domicilio con menores de entre 3 e 14 anos.

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa