
« Atrás
O CONCELLO DE CERVO ANIMA AOS VECIÑOS A REVITALIZAR AS SÚAS FINCAS COA PLANTACIÓN DE ÁRBORES FR
O CONCELLO DE CERVO ANIMA AOS VECIÑOS A REVITALIZAR AS SÚAS FINCAS COA PLANTACIÓN DE ÁRBORES FROITEIRAS
- Xa está aberto o prazo para participar no pedido conxunto tramitado pola delegación de Medio Ambiente
Cervo, 17 de decembro de 2021.- O Concello de Cervo anima á veciñanza a participar no pedido conxunto de árbores froiteiras que tramita cada ano a delegación de Medio Ambiente, que dirixe Mali Méndez, “co obxectivo de revitalizar as fincas, para que sexan cada vez máis produtivas”.
Méndez recorda que os impresos estarán a disposición das persoas interesadas ata o venres 21 de xaneiro, no Rexistro do Concello de Cervo.