NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO APOIA A SANTI GONZÁLEZ VILLARES QUE REPRESENTARÁ A ESPAÑA NO CAMPIONATO DO

O CONCELLO DE CERVO APOIA A SANTI GONZÁLEZ VILLARES QUE REPRESENTARÁ A ESPAÑA NO CAMPIONATO DO MUNDO DE TIRO CON ARCO EN CAMPO

O integrante do club Iadovi competirá na modalidade de Arco Desnudo nesta cita deportiva que terá lugar do 3 ao 9 de outubro en Yankton (USA)

O delegado de Deportes, David Rodríguez, e a tenente-alcalde, Dolores García Caramés, recibiron ao deportista para desexarlle sorte nesta fazaña e comprometeron todo o apoio da administración local que sufragará os custes da súa participación “nunha competición de alcance internacional que sitúa a Cervo como epicentro desta disciplina a nivel estatal”

O Concello de Cervo apoia ao arqueiro Santi Gozález Villares que logrou, logo dunha tempada vertixinosa, ser seleccionado para representar a España no Campionato do Mundo de Tiro con Arco en Campo que se celebrará do 3 ao 9 de outubro en Yankton (USA).

O arqueiro, integrante do club Iadovi, competirá, xunto con outros dous compañeiros, na modalidade de Arco Desnudo, tal e como lle anunciaron desde a Comisión de Alta Competición da RFETA,  tralos resultados do clasificatorio final celebrado os días 27 e 28 de agosto en Salamanca.

A delegación española estará formada por unha vintena de deportistas que competirán nas distintas modalidades.

O delegado de Deportes, David Rodríguez, e a tenente-alcalde, Dolores García Caramés, recibiron ao arqueiro para desexarlle sorte nesta fazaña e comprometeron todo o apoio da administración local que sufragará os custes da súa participación “nunha competición de alcance internacional que sitúa a Cervo como epicentro desta disciplina a nivel estatal”

Rodríguez quixo darlle os parabéns pola incrible tempada que vén de realizar, cuxo colofón é poder competir coa selección española no campionato do Mundo e animouno a desfrutar dunha experiencia única “que moi poucos deportistas conseguen facer realidade”.

O arqueiro Santi González Villares é integrante do club Iadovi desde hai catro anos, cando comezou a practicar este deporte.

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa