NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO APOIA AOS SEUS GANDEIROS NA SÚA RECLAMACIÓN PARA ATOPAR UNHA SOLUCIÓN Á PRO

 O CONCELLO DE CERVO APOIA AOS SEUS GANDEIROS NA SÚA RECLAMACIÓN PARA ATOPAR UNHA SOLUCIÓN Á PROBLEMÁTICA DO LOBO

 

§  No día de onte o executivo local reuniuse con máis de 30 veciños gandeiros para avaliar a situación e intentar atopar solucións

 

§  Asinaron un documento apoiando os puntos aprobados no pleno do pasado 30 de setembro nos que se insta ao goberno central a anular a Orde Ministerial que cataloga o lobo como especie non cinexética

 

Cervo, 07 de outubro de 2021. O Concello de Cervo apoia aos seus veciños gandeiros á hora de reclamar unha solución para a problemática do lobo, que día a día vai medrando, e ameaza o sustento económico de moitos deles.

 

No día de onte o alcalde Alfonso Villares, a tenente alcalde Dolores Caramés e a concelleira de Medio Ambiente Mali Méndez, mantiveron unha reunión cunha trintena de gandeiros e gandeiras do Concello de Cervo para abordar a gravidade da situación e avaliar as diferentes formas de proceder.

 

No transcurso do encontro, solicitado polos propios gandeiros, moitos deles expresaron a súa preocupación pola proximidade do lobo e as consecuencias que xa se están a producir matando reses ás portas das súas casas.

 

Reclaman que se atope algunha solución para poder controlar o lobo, posto que está a poñer en perigo o seu modo de vida e, en moitos casos, fai que os veciños e veciñas non se atopen seguros nas súas casas.

 

Comenta o Alcalde Alfonso Villares que “foron os propios veciños gandeiros os que solicitaron esta reunión porque ven que os lobos están matando o seu gando na porta da súa casa e non poden facer nada”. Engade que “ninguén quere matar ao lobo, pero é de capital importancia encontrar unha solución xa para que non se poña en perigo o medio de vida de tanta xente e poidan, ademais, traballar sen o medo que supoñen estes ataques, que cada día que pasa van a máis. E xa non só estamos a falar da perda do medio económico principal de vida destas persoas, se non tamén do prexuízo emocional que supón a morte destes animais que son criados e coidados co esforzo, o cariño e o sacrificio dos gandeiros ”.

 

Ao finalizar a reunión os asistentes asinaron un documento no que apoian os acordos que se aprobaron no pleno do pasado xoves 30 de setembro nos que o Concello de Cervo insta a que se anule a Orde Ministerial pola que se inclúe ao lobo no listado Lespre, pola que se eleva o nivel de protección do lobo, catalogándoo como especie non cinexética.

 

Todos os veciños e veciñas que queiran sumarse a esta iniciativa poden ir ao Concello e asinar este documento que reivindica as reclamacións dos gandeiros. 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa