NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO APOSTA DE NOVO POLA RECICLAXE PARA A DECORACIÓN DE NADAL

A delegación de Medio Ambiente repartiu bonecos de neve feitos con pneumáticos polas distintas parroquias do municipio

O Concello de Cervo aposta de novo este ano polo material reciclado para a confección de adornos propios do Nadal.

Ademáis da decoración a partir de residuos procedentes do medio mariño -situada no espacio verde contiguo á Casa do Mar en San Ciprián- a delegación de Medio Ambiente repartiu polas parroquias do municipio varios bonecos de neve confeccionados a partir de pneumáticos.

Dito material está composto por caucho natural e plástico, que contribúen á contaminación de mares e praias. O concello xestiona, a través do punto limpo de Cuíña, ao redor de 3000 quilogramos de neumáticos ao ano, que son recollidos, tratados e procesados para ser convertidos en productos reciclados que contribúan a súa inclusión dentro do ciclo da economía circular.

Os bonecos tamén contan con outro tipo de residuos como escobas sen uso, redes e cabos extraídos da costa (bufanda), testos (sombreiro), tapóns (boca), refugallos de madeira (nariz) e demais anacos de plástico (ollos).

O obxetivo principal desta iniciativa é concienciar ao municipio da importancia que ten a reciclaxe para o medio ambiente, así como de ensinar que a reutilización de materiais que contribúen a contaminación poden resultar útiles e entretidos. Ademáis, estes novos adornos respaldan a xa tradicional decoración de Nadal e ensalzan o espíritu navideño das parroquias.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa