NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO CADUCOU A LICENZA URBANÍSTICA DOS ESQUELETOS DA ZONA DE GALDÍN

Este trámite, relativo ás estruturas da Rúa Bellavista, de Construcciones Os Molineros S.L. e da Inmobiliaria Pasillo Verde S.L, concluíu e xa non cabe posibilidade de recurso O seguinte paso é o inicio do expediente da reposición da legalidade urbanística das dúas construcións

O Concello de Cervo avanza nos trámites relativos aos esqueletos erguidos na zona de Galdín.

Así, tal e como informou o rexedor, Alfonso Villares, “xa declaramos a caducidade de licenza urbanística das dúas estruturas que están situadas na Rúa Bellavista, na zona da Galdín en San Ciprián, que lle foran outorgadas no seu momento a Construcciones Os Molineros S.L. e á Inmobiliaria Pasillo Verde S.L, respectivamente, entre os anos 2006 e 2007”.

Unha vez concluído este trámite –engade- queda probado que non existe ningún tipo de actividade nestas edificacións desde hai moito tempo; xa non hai ningún permiso en vigor que ampare as construcións “que están á marxe da legalidade”. O seguinte chanzo do proceso será iniciar o expediente para a reposición da legalidade urbanística.

Villares esgrime que “aínda que o proceso é complexo”; estamos a dar os pasos oportunos, sen demora, para lograr o obxectivo, “traballando para beneficio de todos os cervenses, por motivos de seguridade e tamén de ornato público”.

A licenza urbanística do esqueleto de Pasillo Verde foi concedida no ano 2006-2007, e contemplaba a construción de 15 edificios destinados a vivendas, locais, garaxes e tendedeiras. O prazo de finalización establecido era de 6 anos, que foron incumpridos amplamente, xa que o edificio tiña que estar rematado en 2012.

A licenza urbanística da edificación dos Molineros foi concedida no ano 2006, e amparaba a realización da construción dun edificio de 180 vivendas, garaxes e rochos; nun total de 22.926 m2. O prazo de finalización fixado era de 3 anos, tendo que ter finalizado no 2009, polo que tal e como reflicten os informes pertinentes, incumpríronse amplamente os prazos.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa