NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO CELEBRA O DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS AGASALLANDO LIBROS AOS MÁIS PEQ

O alumnado do primeiro curso de infantil dos dous colexios do municipio recibiu o conto personalizado “Os Bolechas van a Cervo”

Con motivo desta efeméride, este domingo, ás  12:30 horas, o auditorio da Casa da Cultura acollerá a representación da obra de teatro infantil “Antón e Tomasa: a cabaza encantada!”

As bibliotecas de Cervo e San Ciprián teñen a día de hoxe máis de 700 socios

O Concello de Cervo celebra o Día Internacional das Bibliotecas agasallando libros aos máis pequenos.

Deste xeito, o alumnado do primeiro curso de infantil recibiu, da man do rexedor, Alfonso Villares, e da edil de Educación, Dolores García Caramés, o libro personalizado “Os bolechas van a Cervo”.

Villares e Caramés tamén aproveitaron a acasión para animar aos/ás nenos/as a que, se aínda non o teñen, fagan o seu carné infantil, para retirar todo tipo de libros de balde das bibliotecas municipais.

Ademais, con motivo desta efeméride, este domingo, 27 de outubro, ás 12:30 horas, o auditorio da Casa da Cultura acollerá a representación teatral infantil “Antón e Tomasa: a cabaza encantada!”.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, destacou neste día a importancia de adquirir  hábitos de lectura desde as idades máis temperás, poñendo énfase no papel que  desempeñan tamén as familias á hora de impulsar ás crianzas a desfrutar dos libros que “son un piar fundamental no seu desenvolvemento emocional e unhas das principais chaves á información, á cultura e tamén á fantasía”. Unha afección que nos permite desfrutar adentrándonos en novos mundos ao tempo que nos “proporciona ferramentas para coñecer e interpretar mellor e de xeito autónomo a nosa contorna social”.

Nesta mesma liña Caramés apuntou que “no día de onte vimos de retomar o Club de Lectura de Cervo, que iniciou a súa andadura o pasado curso, e que reunirá a todos/as aqueles veciños/as afeccionados á lectura cada mércores, ás 20:00 horas, na sala acristalada da Casa da Cultura”. Comezaron a ler a obra “Las puertas templarias”, de Javier Sierra. As persoas interesadas en sumarse a esta iniciativa ou as que desexen recibir máis información ao respecto poden facelo na Casa da Cultura (982 59 51 57)

O arquivo bibliográfico do Concello conta con máis de 15.000 volumes, entre as bibliotecas de San Ciprián e Cervo, que a día de hoxe superan os 700 socios.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa