NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO CLAUSUROU ESTE MÉRCORES A TEMPADA DE CURSOS DA PISCINA OLÍMPICA MUNICIPAL P

Os rapaces e rapazas recibiron un diploma e un pequeno agasallo da man do Alcalde Alfonso Villares e da edil de Xuventude, Dolores García Caramés

 

O Concello de Cervo clausurou este pasado mércores a tempada de cursos da Piscina Olímpica adicados aos nenos e nenas.

No acto participaron o alcalde Alfonso Villares e a edil de Xuventude Dolores García Caramés que, acompañados dos monitores, fixo entrega de diplomas e tamén dun pequeño agasallo aos rapaces.

A tempada desenvolveuse entre os meses de outubro e maio, con actividades nos niveis de aprendizaxe e adaptación, iniciación, e perfeccionamento.

Neste curso participaron 123 nenos, ademais de medio cento de alumnos procedentes das diferentes ANPAS da contorna.

Villares sinalou “o compromiso do Concello de Cervo co deporte, e neste caso coa natación, un deporte dos máis completos e saudables, tanto para nenos como para adultos”.

O alcalde quixo dar as grazas aos nenos e nenas e tamén aos monitores municipais, que dirixen e supervisan unhas actividades que ano tras ano van gañando participantes, e engadiu que “dende o Concello animamos a todos os pequenos e pequenas, a que gocen deste deporte tan beneficioso para o noso benestar físico e emocional, en calquera etapa da vida”.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa