NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO COLABORA COA ASOCIACIÓN SAÚDE MENTAL A MARIÑA PARA MELLORAR A CALIDADE DE V

A Administración local vén de facerlles entrega dunha axuda nominativa que se incrementa este curso ata os 20.000 euros “co obxectivo de contribuír a que poidan manter a calidade do servizo extraordinario que prestan”

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, recibiron no Concello de Cervo á directora e ao presidente da Asociación Saúde Mental A Mariña, María José Novoa e Jorge Manchado, respectivamente, e fixéronlle entrega dunha axuda nominativa de 20.000 euros “para tentar contribuír a manter a calidade do servizo que prestan desde esta entidade, tanto ás persoas usuarias como ás familias”.

Esta axuda incrementouse en 5000 euros neste exercicio, pasando de 15.000 a 20.000 euros.

Tal e como precisaron “a relación entre a dirección do centro e o Concello é moi fluída e estamos en permanente contacto para atender, na medida das nosas posibilidades as súas demandas, poñendo a disposición os medios humanos e materiais que requiren, sempre que nos é posible”.

O rexedor aplaudiu o gran labor do centro e o extraordinario traballo  do seu cadro de persoal dirixido a favorecer a integración deste colectivo na contorna comunitaria, dando apoio ás familias e prestando servizos de rehabilitación psicolóxica e social, a través dunha atención integral.

O Centro abriu as súas portas no ano 2013; sendo o de Cervo, o único centro destas características da provincia de Lugo, e un dos catro que existen a día de hoxe en toda Galicia.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa