NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO COMEZOU A CONSTRUÍR UNHA PISTA EXPERIMENTAL DE ATERRIZAXE E DESPEGUE DE DRO

O CONCELLO DE CERVO COMEZOU A CONSTRUÍR UNHA PISTA EXPERIMENTAL DE ATERRIZAXE E DESPEGUE DE DRONES NO POLÍGONO DE CUÍÑA

A nova infraestrutura, froito de contactos constantes con empresas e técnicos do sector, situará ao municipio á cabeza deste tipo de voos non tripulados en Galicia

    Supón un investimento de máis de 40.000 euros e estará rematada no mes de abril

     Villares: “cremos e apostamos por este proxecto desde o minuto un, porque vimos nel unha oportunidade de futuro para Cervo”

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, visitou este mediodía acompañado de técnicos municipais e de profesionais da industria do aeromodelismo, as obras da pista experimental de aterrizaxe e despegue que vén de comezar a construír o Concello no Polígono de Cuíña, e que supón un investimento superior aos 40.000 euros.

Tal e como explicou o rexedor “a nova infraestrutura, froito  dun contacto constante que vimos mantendo con empresas e técnicos do sector, permitirá situar a Cervo á cabeza en Galicia deste tipo de voos non tripulados, xa que é a primeira pista destas características a carón do mar, que permitirá nun futuro próximo facer probas e utilizar drones para transporte”.

Villares precisou que desde o Concello “cremos e apostamos por este innovador proxecto desde o primeiro momento porque vimos nel unha gran oportunidade de futuro para o noso municipio”.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa