NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO COMPARECERÁ NA POXA POLOS TERREOS QUE CONTEÑEN UNHA CONSTRUCIÓN SEN REMATA

 O  CONCELLO DE CERVO COMPARECERÁ NA POXA POLOS TERREOS QUE CONTEÑEN UNHA CONSTRUCIÓN SEN REMATAR NA ZONA DA ATALAIA

 

§  A adquisición destes terreos forma parte dun proxecto que pretende acabar cos feísmos e humanizar a zona do faro

  • A parcela na que está situada o edificio sen rematar ten unha superficie de 1658m2
  • O edificio sae a poxa despois dos trámites administrativos realizados polo propio Concello

 

Cervo, 14 decembro de 2021.- O Concello de Cervo comparecerá no concurso que terá lugar este xoves 16 de decembro, no cal se celebrará a poxa do inmoble en estrutura, sen rematar, situado na zona da Atalaia, en San Ciprián.

 

A adquisición dos terreos que conteñen este edificio forman parte dun plan de humanizar e abrir ao mar toda a contorna do faro. Este proxecto vai na liña xeral do goberno de acabar cos feísmos paisaxísticos no municipio. Nesta actuación concreta, o obxectivo é, ademais de reparar a panorámica da zona, poñer en valor o Xacemento Arqueolóxico do Castro da Atalaia, posto que a edificación en cuestión afecta directamente a este lugar.

 

A parcela ten unha superficie total de 1.658,42m2, que proxectan unha estrutura construída no ano 2007, na que se pretendía albergar 42 vivendas, con garaxes e rochos, en 7 niveis diferentes.

 

O edificio, xunto cos terreos, saen a poxa despois dos trámites administrativos realizados desde o Concello para posibilitar esta situación. No ano 2019 iniciouse un informe técnico de reposición da legalidade, que desembocou en tres multas coercitivas por un valor total de 13.000€ e aprobouse o Plan Especial de Protección do Xacemento da Atalaia. Agora, o seguinte paso por parte da propiedade é sacar o inmoble a poxa para a súa venda.

 

Apunta o rexedor Alfonso Villares: “A adquisición deste edificio sería un paso máis no conxunto de actuacións que desde o equipo de goberno estamos a levar a cabo para poder acabar cos feísmos paisaxísticos dentro do noso termo municipal”. Engade que “conseguimos chegar ata esta poxa logo dos trámites administrativos realizados desde o Concello, desde o informe técnico da reposición de legalidade, ata as multas coercitivas impostas sobre o inmoble”.

 

Engade Villares que “a adquisición desta estrutura permitiríanos acometer labores de conservación e divulgación do xacemento do Castro da Atalaia, a través da reordenación de accesos e rúas e aumentando o espazo de desfrute público”.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa