NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO CONMEMORA O DÍA DE ROSALÍA CUN GRAN CONCERTO DE ROSA CEDRÓN

 A actuación, con entrada libre, será o venres 22 de febreiro, ás 20:30 horas no auditorio da Casa da Cultura

A artista poñerá voz a coñecidos poemas da escritora como “Negro Caravel”, e fará un repaso a máis de dúas décadas de carreira, interpretando temas míticos da súa etapa como vocalista no grupo Luar na Lubre, ademais de avanzar composicións que incluirá no seu novo disco

O Concello de Cervo, conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro (24 de febreiro) ofrecendo á veciñanza e aos visitantes a oportunidade de gozar dun gran concerto, con entrada libre.

Nesta ocasión, a coñecida artista galega que fora vocalista do grupo Luar na Lubre, Rosa Cedrón, será a encargada de facerlle unha especial homenaxe á escritora, “unha das miñas grandes paixóns que sempre está moi presente nos meus concertos”, tal e como ela mesma confesa.

A actuación, con entrada libre e programada pola delegación de Cultura, será o venres 22 de febreiro, ás 20:30 horas, no auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián.

Rosa Cedrón, acompañada por un pianista, poñerá voz a coñecidos poemas da escritora como “Negro Caravel” –tema recentemente interpretado pola galega Sabela en Operación Triunfo-; e fará un repaso a máis de dúas décadas de frutífera carreira profesional, interpretando temas míticos da súa etapa como vocalista do grupo Luar na Lubre; ademais de avanzar composicións que incluirá nun novo disco, sobre o que xa está a traballar.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa