NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO CONMEMORA O DÍA FORESTAL MUNDIAL- DÍA DA ÁRBORE

 O CONCELLO DE CERVO OFRÉCESE A INSTALAR ANTENAS PARA QUE OS GANDEIROS PODAN USAR “RUMI”, UN SISTEMA DE MONITORIZACIÓN POR GPS PARA GANDO VACÚN

 

§  RUMI é un proxecto de desenvolvemento tecnolóxico que ofrece solucións aos gandeiros e gandeiras co obxectivo de mellorar a calidade de vida e incrementar a rendibilidade do sector

 

§  Alfonso Villares: “desde o Concello de Cervo instalaremos todas aquelas antenas que se precisen para que os nosos gandeiros podan optar a este servizo”

Cervo, 13 xaneiro de 2021.- Este pasado mércores, o rexedor Alfonso Villares mantivo unha reunión cos gandeiros do municipio, co obxectivo de abordar a instalación dunhas antenas que permitan darlle cobertura á aplicación RUMI, un sistema de monitorización por GPS para gando vacún.

Á reunión acudiu un dos fundadores da empresa tecnolóxica creadora de RUMI, onde lles explicou aos presentes o funcionamento da aplicación e as melloras que se derivarían da súa implantación.

A aplicación funciona mediante uns colares, colocados nos animais, que transmiten diferentes datos ás antenas estratexicamente colocadas, que á súa vez reproducen os datos no programa. Coa recolección destes datos podemos coñecer diferentes aspectos dos animais, como a súa localización actual, o seu movemento nos últimos días, a detección do celo e, incluso, notifica cando os animais se poñen de parto.

Declarou o alcalde Alfonso Villares: “coa colocación destas antenas ofrecémoslle aos nosos gandeiros e gandeiras a posibilidade de contar con RUMI, unha aplicación que  pretende incrementar a calidade de vida e a rendibilidade das ganderías, mellorando o benestar animal mediante a análise de datos”.

Engadiu o rexedor que “desde o Concello de Cervo instalaremos todas aquelas antenas que se precisen para que os nosos gandeiros podan optar a este servizo”.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa