NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO CONTRIBÚE A FACER O CEIP DE CERVO MÁIS INCLUSIVO COA INSTALACIÓN DE CARTEI

 Villares: “trátase dunha actuación que nos fai especial ilusión, porque cumprimos o desexo de Lucía, alumna do centro, que se puxo en contacto con nós por medio dunha carta na que nos pedía colaboración “para que todos os nenos e nenas saiban onde están as aulas, a biblio, os baños…”

O Concello de Cervo vén de adquirir carteis con pictogramas e en sistema braille que identifican os diferentes espazos do CEIP de Cervo.

O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Educación, Dolores García Caramés, estiveron no centro vendo in situ os paneis que xa están instalados e que contribúen a  facer o centro máis inclusivo se cabe.

Villares quixo destacar que se trata dunha iniciativa marabillosa e que nos fai especial ilusión “porque cumprimos o desexo de Lucía Manchado, alumna do centro, que nos enviou unha carta na que nos pedía expresamente colaboración “para que todos os nenos e nenas saiban onde están as aulas, a biblio, os baños, o comedor…”.

Moitas grazas Lucía pola túa sensibilidade –engadiu-,”e encantados de poder contribuír a mellorar o voso xa extraordinario cole”.

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa