NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO CONVOCA O CONCURSO “UNHA DEDICATORIA DE AMOR” CON MOTIVO DO DÍA DOS NAMORAD

O protagonista será o amor en calquera das súas versións: amizade, familia, parella, etc.

  • O prazo para a presentación dos traballos rematará o vindeiro 13 de febreiro

 

O Concello de Cervo celebra un ano máis o Día dos Namorados co VI certame de amor na rede. Nesta ocasión a delegación de Xuventude convoca o concurso “Unha dedicatoria de amor”, no que poderá participar calquera persoa maior de 14 anos.

Tal e como puntualizou a edil, Dolores García Caramés, “o tema xenérico deste concurso é o amor, pero o amor en calquera das súas versións, como pode ser a amizade, a familia, a parella, o amor polas nosas mascotas…; ou calquera idea que teñan no maxín os participantes, porque se valorará tanto a orixinalidade como o sentimento, segundo o xurado o interprete en cada traballo”.

As persoas participantes deberán entregar unha historia escrita que non supere o espazo dun folio DIN-A4.  

As dedicatorias recóllense na Casa do Concello, en Cervo, e na Casa da Cultura, en San Ciprián; e tamén poden enviarse ao correo electrónico dinamización@concellodecervo.com.

Establécense dúas categorías para cada apartado; para idades de 14 a 17 anos, e de 18 en diante; e o premios serán un vale de compra nun establecemento do Concello (1º categoría); e un vale para unha cea nun establecemento do municipio (2ª categoría).

Os participantes poderán entregar cantos traballos desexen ata o vindeiro 13 de febrero, cando remata o prazo. O fallo do xurado farase público o 14 de febreiro.

Cada obra acompañarase dunha folla cos datos persoais do autor, indicando: nome e apelidos, pseudónimo, idade e número de teléfono.

Os traballos gañadores serán publicados nas redes sociais do Concello de Cervo.

 

 

 

 

                                    

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa