NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO CONVOCA UNHA NOVA EDICIÓN DO CERTAME DE AMOR NA REDE, QUE XA VAI POLA SÚA O

 O CONCELLO DE CERVO CONVOCA UNHA NOVA EDICIÓN DO CERTAME DE AMOR NA REDE, QUE XA VAI POLA SÚA OITAVA EDICIÓN

 

  • Establécense tres formatos diferentes: carta, foto e vídeo
  • Haberá dúas categorías diferentes, maiores e menores de 18 anos
  • O prazo de presentación remata o domingo 13 de febreiro
  • Para os menores de 18 anos os premios serán vales para trocar no comercio local dunha cantidade de 40€, e para os maiores de 18 anos os vales que se poderán intercambiar por unha cea en calquera dos locais hostaleiros do municipio

 

Cervo, 06 de Febreiro de 2022. O Concello de Cervo, a través da delegación de Xuventude, celebra un ano máis o Día dos Namorados co VIII certame de amor na rede.

 

Tal e como puntualizou a edil, Dolores García Caramés, “o tema xenérico deste concurso é o amor, pero o amor en calquera das súas versións, como pode ser a amizade, a familia, a parella, o amor polas mascotas…; ou calquera idea que se lle poida ocorrer a calquera dos participantes.”.

 

Todos aqueles interesados poderán presentar o seu traballo en tres formatos diferentes: unha carta que non supere o espazo dun DIN-A4, un vídeo que non supere a duración de un minuto, ou unha foto. Estableceranse dúas categorías en función da idade: unha para maiores e outra para menores de 18 anos.

 

O prazo de presentación para a entrega dos traballos remata o domingo 13 de febreiro ás 17:00H. Poderán enviarse a través do correo electrónico cervocultura@gmail.com ou a través do Whatsapp 683 315 939.

 

Os orixinais serán publicados o luns 14 de febreiro ás 09:00H no Facebook do Concello de Cervo. Aqueles que teñan máis “gústame” ás 23:59H dese mesmo día, serán os gañadores na súa correspondente franxa de idade e categoría. Ademais, entregarase un premio ao traballo máis orixinal en cada unha das categorías de idade.

 

Os gañadores publicaranse o martes 15 de febreiro nas redes sociais do Concello de Cervo.

 

Na categoría para menores de 18 anos, o premio consistirá nun vale de 40€ para gastar en calquera establecemento do Concello de Cervo. Na categoría para maiores de 18, a recompensa será un vale, que se poderá trocar por unha cea para dúas persoas en calquera establecemento hostaleiro do termo municipal.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa