NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO DALLE A BENVIDA Á PRIMEIRA XUÍZA DE PAZ DA SÚA HISTORIA

Antonio Rouco Basanta cédelle o relevo a María Paz Rodríguez Silva despois de 18 anos

 

Este pasado luns tivo lugar o acto no que  Antonio Rouco Basanta deixaba o cargo como xuíz de paz e lle cedía o testigo á primeira xuíza de paz da historia de Cervo: María Paz Rodríguez Silva. Ao acto asistiron a Secretaria do Concello, María del Mar Otero Rivas e o alcalde cervense en funcións, Alfonso Villares.

Villares quixo “darlle as grazas a unha persoa recoñecida pola súa honestidade e templanza, gran coñecedor da historia do Concello e dos seus veciños, e que desenvolveu o seu traballo nestes 18 anos con total dedicación, entrega e discreción.

Neste senso tamén tivo unhas palabras para a nova xuíza de paz. “Doulle tamén a benvida a María Paz, unha muller que goza de todas as capacidades e cualidades necesarias para levar a cabo este traballo con total solvencia. Destacar que se trata dun fito na historia do noso Concello, pois é a primeira muller en ostentar este cargo ao longo da historia”.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa