NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO DESPREGA UNHA NOVA REDE INHALÁMBRICA PARA FACILITAR O DÍA A DÍA DOS GANDEIROS

Grazas a esta tecnoloxía LoRaWAN de baixo consumo, bidireccional e cun radio de alcance de ata 15 km, poderán ter localizado o seu gando, que levará incorporado un color de monitorización que ofrecerá todo tipo de información en tempo real

Instaláronse un total de 5 antenas en lugares estratéxicos do municipio para garantir a cobertura en todo o termo municipal

A rede rede de uso público ofrece múltiples usos como poder ser o de sensorización e posicionamento de persoas, sensorización de niveis dos contedores de lixo, calidade da auga, contadores intelixentes "facendo máis eficientes os servizos públicos"

O Concello de Cervo vén de despregar unha nova rede de conectividade inhalámbrica (LoRaWAN) que nunha primeira fase permitirá facilitar o día a día dos gandeiros pero que ofrece múltiples posibilidades como o seguimento e rastreo de persoas maiores ou nenos/as, para contedores de auga intelixentes, sensorización de niveis de lixo, calidade da auga, sensorización de máquinas ou seguimento de persoas en rutas de sendeirismo, entre outras moitos usos.

O rexedor, Alfonso Villares, e a tenente alcalde Dolores García Caramés, desprazáronse ata o local social de Trasbar, onde se instalou unha das cinco antenas que garantirán a cobertura  na totalidade do termo municipal, para coñecer en primeira persoa o funcionamento desta rede pública, que permitirá sumar ata 1000 dispositivos por antena sen problemas de sobrecarga.

Tal e como explicaron, esta iniciativa nace en colaboración co sector gandeiro que fará uso da rede para ter localizados e monitorizados en todo momento aos seus animais, que levarán incorporado un colar que lles ofrecerá todo tipo de información en tempo real. Pero, tal e como se dixo, os usos son moi diversos, "tamén para mellorar a eficiencia dos servizos públicos".

O despregue desta rede de comunicación inhalámbrica por medio da instalación destas 5 antenas supón un investimento de case 6000 euros.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa