NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO FELICITA AO ARTESAN LOCAL TELMO CAO, SELECCIONADO POLA MICHELANGELO FOUNDAT

 O CONCELLO DE CERVO FELICITA AO ARTESAN LOCAL TELMO CAO, SELECCIONADO POLA MICHELANGELO FOUNDATION PARA FORMAR PARTE DA HOMO FABER GUIDE, UNHA SELECCIÓN DOS MELLORES ARTESÁNS DO MUNDO

 

§  O especialista en forxa artística ten o seu obradoiro na antiga nave de fundición do Conxunto Histórico e Artístico de Sargadelos

§  A Homo Faber Guide é unha guía na que se elixen aos mellores artesáns do mundo á hora de fomentar a conservación do patrimonio cultural

Cervo, 15 xaneiro de 2022. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, xunto coa concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, e o edil de Turismo, David Rodríguez, quixeron felicitar de primeira man no ao emprendedor local Telmo Cao, que ven de ser seleccionado pola Michelangelo Foundation para formar parte da Homo Faber Guide, un proxecto que distingue aos mellores artesáns do mundo no referente á conservación do patrimonio cultural.

 

A Homo Faber Guide é un plan integrado na Michelangelo Foundation que pretende preservar e enaltecer a artesanía e potenciar as súas comunicacións a nivel internacional.

 

Cao ten o seu taller de forxa artística e escultura de metal na antiga nave de fundición de Sargadelos, que data do século XVII. Este espazo, que foi restaurado no ano 2017, foi cedido polo Concello de Cervo no ano 2020. 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa