NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO FELICITA AOS VECIÑOS CO SEU TRADICIONAL CALENDARIO DE NADAL

O CONCELLO DE CERVO FELICITA

AOS VECIÑOS CO SEU TRADICIONAL CALENDARIO DE NADAL

 

  • Editáronse 2.200 exemplares que xa se están a repartir fogar por fogar

 

Cervo, 28 de decembro de 2021.- O Concello de Cervo felicita á veciñanza do municipio co seu tradicional calendario de Nadal.

En total editáronse 2.200 exemplares que xa se están a repartir fogar por fogar.

Tal e como explicou o rexedor Alfonso Villares, “este calendario é xa é todo un clásico do Concello de Cervo por estas datas, e cremos que é unha ferramenta moi útil para os nosos veciños porque recolle todas as datas importantes que terán lugar ao longo de todo o ano en Cervo, e tamén as festividades e días importantes que se conmemoran e celebran a nivel nacional; ademais da táboa de mareas e os teléfonos de interese do noso Concello”.

Toda esa información vai incluída nun deseño moi especial, xa que cada mes vén ilustrado cunha fotografía de grupos de amigos, familias, de paisaxes, de xuntanzas ou de celebracións, que tiveron lugar no noso Concello; e que, de seguro, lles van traer moitos recordos aos protagonistas. “Son instantáneas que forman parte da fototeca municipal, cedidas polos nosos veciños, aos que lles temos que agradecer ese xesto xeneroso que nos permite recuperar anacos da nosa historia e recompilalos, ano tras ano, neste almanaque que ten tanto significado para nós”.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa