NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO FIXO ENTREGA DOS CHEQUES PARA AS AXUDAS AOS CENTROS ESCOLARES DO MUNICIPIO

 O  CONCELLO DE CERVO FIXO ENTREGA DOS CHEQUES PARA AS AXUDAS AOS CENTROS ESCOLARES DO MUNICIPIO

 

  • Forman parte dunha partida orzamentaria de 7500 euros para este tipo de axudas

 

Cervo, 07 de xaneiro de 2022.- O Concello de Cervo, da man do rexedor Alfonso Villares e da edil de Educación, Dolores García Caramés, fixo entrega dos cheques coas axudas dirixidas aos centros escolares do municipio -CEIP de Cervo, CEIP Península da Paz e IES Marqués de Sargadelos-.



Apunta o rexedor Alfonso Villares, "o obxectivo destas axudas é o de poñer o noso grao de area para apoiar aos centros educativos na súa gran labor de ensinanza. Esta aportación  serve como punto de apoio para que os centros desenvolvan a súa actividade e facilitar a dinámica escolar, ademais de reforzo á hora de facer fronte aos seus gastos de funcionamento".



Villares apuntou que "estas axudas forman parte dunha partida orzamentaria de 7.500 euros que dende o Concello diriximos á comunidade educativa tanto para a compra de libros e material escolar como para transporte”.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa