NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO GAÑA UN ACCÉSIT DE SALVAMENTO MARÍTIMO Á MELLOR CONTRIBUCIÓN AO “ODS 14”

 O  CONCELLO DE CERVO GAÑA UN ACCÉSIT DE SALVAMENTO MARÍTIMO Á MELLOR CONTRIBUCIÓN AO “ODS 14” RESPECTO Á CONSERVACIÓN DOS NOSOS MARES

 

  • Outorgóuselle polo proxecto medioambiental “Ecoestruturas”, que consiste na construción de mobiliario público mediante materiais de reciclaxe

 

§  A cerimonia de recollida dos premios terá lugar o vindeiro 16 de decembro no Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana

 

 

Cervo, 23 de novembro de 2021.- O Concello de Cervo gaña un premio de Salvamento Marítimo á mellor contribución ao “Objetivo Desarrollo Sostenible 14” respecto á conservación dos nosos mares.

 

O premio foi outorgado ao proxecto medioambiental “Ecoestruturas”, que consiste en reciclar diversos materiais, por exemplo botellas de auga ou pallets, para a posterior construción de estruturas que sirvan como mobiliario urbano público, como poden ser os cubrecontedores, aparcabicicletas ou cinceiros ecolóxicos.

 

 

A cerimonia de recollida de premios será o vindeiro 16 de decembro no Salón de Actos do Ministerio de Transportes, Mobilidade de Axenda Urbana, organizada pola Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima.

 

Declara o rexedor, Alfonso Villares: “valoramos moi positivamente a concesión deste accésit, que se nos foi outorgado por un dos diferentes proxectos que levamos a cabo no noso Concello en materia de sostenibilidade”. Engade que “esta mención danos outro motivo máis polo que seguir apostando polas políticas de economía circular e de desenvolvemento sostible, que son fundamentais para o noso goberno”.

 

Para a concelleira Mali Méndez  “é un orgullo ver situado ao noso concello no mapa estatal en materia medioambiental” e engade que “seguiremos a traballar para facer do Concello de Cervo un municipio punteiro no referente á reciclaxe”

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa