NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO HOMENAXEA AOS TRABALLADORES MUNICIPAIS QUE SE XUBILARON OS DOUS ÚLTIMOS AN

 O  CONCELLO DE CERVO HOMENAXEA AOS TRABALLADORES MUNICIPAIS QUE SE XUBILARON OS DOUS ÚLTIMOS ANOS

 

Cervo, 30 de decembro de 2021.- Na mañá de hoxe o Concello de Cervo homenaxeou a dous traballadores xubilados ao longo do 2020 e 2021. O ano pasado a situación derivada da pandemia propiciou o aprazamento de dita celebración.

 

Os traballadores agasallados pola súa xubilación foron Eulogio Vázquez Méndez e María Divina Trasancos Cabaleiro. Ambos recibiron das mans do alcalde, Alfonso Villares, a tenente alcalde, Dolores García, e a concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez, unha figura institucional do Concello. Así mesmo, tamén se lle fará entrega da figura institucional a María Carmen Moscoso Cancio e María Pura Pico López, traballadoras municipais xubiladas nestes últimos anos, que no día de hoxe non puideron acudir.

 

Durante o acto, o alcalde, Alfonso Villares, tivo palabras de eloxio e recoñecemento para os homenaxeados e encomiou a súa labor e entrega durante os moitos anos nos que formaron parte da plantilla do Concello de Cervo.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa