NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO INICIA OS PASOS PARA LEVAR O SANEAMENTO A TODA PARROQUIA DE RÚA, COMEZANDO

 O CONCELLO DE CERVO INICIA OS PASOS PARA LEVAR O SANEAMENTO A TODA PARROQUIA DE RÚA, COMEZANDO POLA ZONA DE RUELA

 

§  O alcalde e a concelleira de Medio Ambiente mantiveron unha reunión cos veciños do núcleo de Ruela, onde terá lugar a primeira actuación

 

Cervo, 20 xaneiro de 2022.- O concello de Cervo comeza a dar os pasos para achegar o saneamento a toda a parroquia de Rúa. No día de onte o alcalde, Alfonso Villares, e a concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez, achegáronse ata a antiga escola de Rúa para manter unha reunión cos veciños da zona de Ruela, onde se fará a primeira das actuacións previstas para achegar o saneamento a toda a parroquia.

 

Ao encontro tamén acudiron dous técnicos topográficos, co obxectivo de  resolver as dúbidas dos veciños e veciñas, ademais de consensuar con eles diferentes aspectos das actuacións que se pretenden levar a cabo.

 

A execución deste conxunto de actuacións permitirá achegar o saneamento a toda a parroquia de Rúa, dotando así aos veciños desta zona rural dunha infraestrutura esencial para o seu día a día.

Villares apuntou que se trata “dunha actuación importante para a veciñanza da parroquia de Rúa, xa que este tipo de obras son moi necesarias para seguir a mellorar a calidade de vida dos cervenses”.

O rexedor sinalou que “con esta actuación, que comezará en Ruela, e que se estenderá aos núcleos restantes, melloramos as infraestruturas básicas dunha zona rural do noso municipio como é Rúa,”. Quixo engadir o alcalde  que “desde o noso equipo de goberno traballamos decididamente para que as inversións cheguen a cada recuncho do noso municipio”.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa